O galego é útil

Isto que estás a ler é un manifesto espontáneo, vivo, interactivo, libre de ideoloxía e afiliación política, co que os abaixo asinantes pretendemos, desde a nosa humilde experiencia no estranxeiro, desmentir o mito de que “o galego non vale para nada” ou “só serve dentro de Galicia”.

Todos os idiomas valen e para moito.

A nós, o galego foinos útil e segue séndonos útil nas nosas vidas e aventuras polo mundo adiante:

  1. O galego facilitounos a aprendizaxe doutros idiomas: fíxonos máis sinxela a comprensión oral e escrita doutras línguas, axudounos a identificar e pronunciar noutros idiomas sons que non existen en castelán e facilitounos a aprendizaxe de novas estruturas gramaticáis.
  2. A capacidade de falar galego fixo posible que nos comunicáramos con cidadáns de Portugal e Brasil (entre outras nacións posibles, que xuntas suman unha poboación de arredor de 200 millóns de persoas).
  3. No estranxeiro, o feito de falar galego e polo tanto comprender o portugués deunos unha vantaxe competitiva frente a outros traballadores, xa que a nivel internacional o coñecemento de idiomas sempre é un bonus, sexa a industria que sexa.

Por estas tres razóns prácticas, concluímos, sen ningún tipo de dúbida, que o galego tamén é útil fóra de Galicia. Que non che quenten a cabeza dicindo que non.

Londres, 1 de abril de 2009

Queres asinar o manifesto? Entón preme para enviarnos unha mensaxe ou escríbenos a galegosmorrinhentos[arroba]googlemail[punto]com indicando o teu nome e se podes engade tamén a túa testemuña.

  1. Inma Gil, xornalista

    Como xornalista no servicio mundial da BBC teño que cubrir a diario noticias internacionais, tratando na medida do posible de falar directamente cos protagonistas das historias. A capacidade de falar galego axudoume en numerosas ocasións: fixo posible que me puidera comunicar por teléfono con xente de Brasil para facer entrevistas, permitiume ler e traducir textos en portugués que eran útiles para a investigación dun tema e permitiume falar directamente con entrevistados sen precisar dos servizos dun intérprete, algo que limitaría e faría moito máis lento o proceso de producción.

    A nivel persoal, permitiume gozar de ler a Saramago en versión orixinal.

  2. Xesús Magariños, programador

    Para min o galego sérveme para estar no mundo. Empregoo para aprender outros idiomas e mellorar a pronunciación. Axudoume en Polonia coa pronunciación do polaco, en Londres co inglés e nestes intres estame a axudar co francés. Algúns do momentos máis divertidos da miña vida foron en galego e serviume para integrarme e facer amigos. Fixen unha das minhas mellores amigas en Polonia co noso idioma. Decidiramos experimentar e empregar os nosos idiomas para comunicarnos. Ela o leccese, e eu o galego. A comunicación era bastante fluida independentemente da temática.

    A nivel profesional en Londres o galego é un activo, pola porta que abre con Brasil e co incipiente entorno do Open Source brasileiro. É unha ledicia saber que sempre estará aí para botar unha man. Para min o galego é unha vantaxa competitiva.

  3. Cecilia Rodríguez Estévez

    Pola miña parte o galego no estranxeiro sérveme para superar a morriña dalgún xeito, para sentirme máis unida aos galegos daquí e dalá, para sentirme máis preto da casa.

  4. Pedro Paz López

    A min persoalmente, o galego sirveume de moito en Londres. Cando cheguei a esta cidade eu non falaba inglés e tampouco entendía moito. Máis que nada me relaccionaba con españois, portugueses e brasileiros. Durante unha temporada tamén compartín piso con xente de estas nacionalidades e usaba o galego para comunicarnos. Supoño que como moitos de vos podería contar algunha anécdota máis pero creo que esto foi o máis importante.

    Agora, algún ano máis tarde, xa me podo comunicar coa xente en ingles pero aínda así non dubido en falar galego cando teño a oportunidade.

  5. Lucia Pérez de Oliveira, profesora

    Totalmente de acordo. Eu téñome beneficiado moitas veces tanto laboralmente, como na miña vida social en Londres, no trato con portugueses, brasileños, angoleños, etc.

    Agora que estou aprendendo francés, resúltame moito máis doado que á outra xente do meu curso, polo feito de falar castelán e galego.

  6. Cristina Ramos Otero

    Chámome Cristina e levo no Reino Unido dende hai 13 anos, son nacida na Coruña, o meu galego igual non é tan bon como debería ser, xa que perdín bastante ó non usa-lo tanto como debería.

    A cerca do tema da lingua galega, a min sempre me serviu dun monton de axuda aqui, xa que traballei de Azafata de Avións e de Trens, no Aeroporto en Seguridade e Información e para o Goberno Inglés, o meu galego axudoume moitísimo cos clientes e viaxeiros Galegos, Portugueses, Brasileiros, do Sur de América, da parte Portuguesa na India, Cabo Verde, Angola, Mozambique, Goa, Senegal.

    O galego é unha lingua que naceu para ser respetada, incrementar o uso dela, e cuidala para non perdela, nin modificala, está aí para que a xente a use non para avergoñarse dela, a xente xa non ten respeto por nada…..cantas máis linguas coñezas, e fales máis facididade de palabra terás con todo o mundo.
    A comunicación é unha axuda internacional, non só unha asignatura na escola.

    Espero que os meus comentarios señan dixeiridos polos políticos que non teñen muita idea de andar polo mundo e comunicarse e relacionarse fóra do seu país……hai que sair de Galicia para saber que importancia de verdade ten a nosa lingua galega……No Mundo.
    Unha aperta.

  7. Uxía Senlle, cantante

    Dou fe. Cantar en galego abre portas, revela horizontes atlánticos (Portugal, Brasil…). Só podo dicir que levo toda unha vida cantando na miña lingua polo mundo adiante…

  8. Melissa Caramés Asorey, recepcionista
  9. Lupe González Lorenzo
  10. Susana Malleiro
  11. Marcos Pernas, xefe de vendas
  12. Martiño, programador

    Eu levo uns anos vivindo en Inglaterra e na miña experiencia á xente que dende pequena esta exposta a mais dunha lingua, sexan Galegos ou de outro lado calquera ten moita mais facilidade para desenvolverse en Inglés, supoño que debido a que estan acostumados a empregar un conxunto mais ampio de fonemas e usar un vocabulario mais ampio.

    Por outra parte, unha lingua, na miña opinión, non so é unha forma de expresarse se non que e o reflexo dunha cultura e dun xeito de pensar, e a diversidade de pensamento é unha base fundamental para a evolución do ser humano, se non acabaremos todos como robots comendo no McDonalds e bebendo Coca Cola.

  13. Fran Rivera Méndez, Técnico Socicultural
  14. Bautista Sotelo,avogado

    Vivo e traballo en Barcelona. A miña pertenza a unha lingua minoritaria marcou sempre o meu punto de vista. Axudoume a saber de que lado tiña que estar. A respetar a pluralidade. A por en duda as verdades intocables. A non perder a miña identidade, senón máis ben a ir ampliándoa ca suma de outras. A ir metendo cada vez máis cousas na miña alforxa e ver como ésta medra canto máis metes. Unha rama que vai buscando a luz, pero mantén sempre a mesma raíz que outras ramas, para non perder a estabilidade.

  15. Manuela Fernández Losada, Mestra
  16. Xesús Fraga, xornalista e escritor
  17. Xabier Cid

    O galego que aprendín na escola fixo que eu fose bilingüe dende a infancia. Iso axudoume a entender e aprender outras linguas con maior rapidez, e a interiorizar argumentos gramaticais de forma máis sinxela.

    Xa de maior, grazas ao galego conseguín un posto de traballo dando clase nunha universidade escocesa, e un dos meus alumnos, grazas ao galego, conseguiu traballo nun hotel portugués.

  18. Blanca Frances
  19. Gabriel Álvarez Martínez, tradutor e estudante
  20. Marcos Lans
  21. daniel lavesedo

    Eu vivo no Hío, na comarca do Morraço. O galego váleme para lle entender os infinitivos conxugados á miña caseira, a retranca ao taberneiro e as historias á xente do mar. Nunca morei fóra, mais nas miñas viaxes ténme valido para beber beamish en Cork, -e non resignarme a recibir unha guiness á miña petición como os sufridos monolingües mesetarios- ou para gozar dunha conversa dediante dunha sagres en Porto, Faro, Braga, Lisboa ou Valverdi do Fresnu… E traballando de profesor de autoescola serviu para que non tivese problemas comunicativos co alumnado brasileiro ou portugués.
    Pero o mellor de todo, é que o meu galego tamén lle ten facilitado a vida a outras persoas. A un compañeiro meu onubense valeulle para que alguén lle explicase que carallo era aquilo do “movimiento palpebrah” e a unha parella de madrileños serviulles para non dormir ao relento por non entenderen o que lles dicía o recepcionista dunha pensión en Lisboa.
    O galego vale para vivirmos na terra…e no mundo.

  22. José Ramom Pichel Campos, engenheiro informático e empresário

    A mim o galego serviu-me para comunicar-me e fazer negócios com o Brasil, por exemplo para elaborar um corretor gramatical para o galego. Não apenas para falar com eles, sem nunca ter contato com brasileiros via telefónica, mas também para apanhar o seu corretor desenvolvido para OpenOffice e um dos poucos naquela altura ativos do mundo e adaptá-lo à variedade galega (léxico, colocação dos pronomes nos verbos, etc.). Graças a isto, diminuimos custos consideravelmente se polo contrário tivéramos que fazer de zero uma ferramenta nova.

    Também me valeu para viver um mês em Newark (New Jersey) sem deixar de falar o galego, por um lado com galegos residentes lá e também com portugueses e brasileiros que são em determinadas zonas majoritários e só vem na língua uma ferramenta humana de comunicação sem outra questão.

  23. Elvira Souto
  24. Debora García, Xornalista

    Dá igual o que digan ou o que fagan algúns para desprestixiar o galego. O coñecemento da nosa lingua fainos máis completos como persoas e profesionais. Querer encorsetar a riqueza lingüística nunha soa dirección é camiñar pouco a pouco cara un panorama semellante ao que Orwell describía en 1984. Nunca tiven a oportunidade de viaxar a Cabo Verde, Angola ou Brasil, para poder comprobar a utilidade do galego no estranxeiro. Non me fai falla. Abóndame con facer uso del aquí mesmo, coa miña familia, cos meus amigos, cos meus coñecidos, para ler un libro, para comprender a nosa Historia… Porque o galego vai máis alá das Galescolas ou das estancias administrativas. O galego é útil, porque nos fai útiles.

  25. Santiago Patiño Pérez
  26. Rafael García Portas
  27. Chus Moldes García
  28. Juan Elias Vergara Miguez

    O galego serviume e serveme no dia a dia pra falar ca minha xentinha, que a fin de contas e o mais importante, tamen me serve pra facer amigos portugueses ou brasileiros ala onde vaia, pra beberlle unhas cervexas no bar de debaixo da casa que e dun angolano que vive aqui en Praga, pra darlle envexa os mesetarios o veren como o meu dialecto serve pra me comunicar con 220 millons de persoas, pra escachar ca risa o ver o gato fedorento no youtube (TV’s portuguesas en Galicia XA!!), pra “engatar” a unha portuguesinha na capital do Imperio, pra aprender mellor e mais facilmente outras linguas, en especial o italiano, pra andar de carallada cos tugas so por lles falar na sua/nosa lingua, ou mesmamente pra diferenciarme do resto de espanhois ou europeos, reclamando sen vergonha nin complexos a minha condicion de galego e galegofalante.

  29. Fran J. Alvarez Lopez, aluno de doutoramento e profesor auxiliar na Universidade de Manchester

    O meu nome é Fran Álvarez e son aluno de doutoramento e profesor auxiliar na Universidade de Manchester, onde vivo dende hai xa uns poucos anos. Gustaríame confirmar e apoiar un por un os puntos que expoñedes no voso manifesto acerca do beneficio que para os galegofalantes nos supón o dominio da lingua propia do noso país incluso cando cruzamos os Pirineos. Tanto no terreo persoal como académico a miña lingua materna foi sempre unha grande axuda: para desafogar o meu Latín medieval ou mesmo para namorar con habitantes de ‘alen Minho’ o galego demostroume ser un veículo grandemente valido e beneficioso.

    Dende o frío norte Anglosaxón envíovos un agarimoso saúdo cheo de ánimo e morriña da nosa terra (menos mal que xa vou para aló o domingo…).

  30. Luiz Penas Seara

    Sendo brasileiro, e nunca tendo ido à Galicia, não tenho nenhuma dificuldade em comunicar-me com os irmãos galegos em sua língua.

  31. Montse Carneiro
  32. Edelmiro Moman, cientista

    O facto de ser bilingue galego/castelão desde o berço facilitou-me muito a compreensão natural e a aprendizagem de línguas estrangeiras e, nomeadamente, daquelas de origem latina, como o francês e o italiano. Aliás, o galego permite-me comunicar-me com mais de 200 milhões de pessoas em cinco continentes. Falam galego a Galiza, Portugal, Brasil, Angola, Moçambique, Cabo Verde, Guiné-Bissau, São Tomé e Príncipe, Timor, Goa (Índia), Macau (China). O galego dá-me acesso direto a tudo este diverso e fascinante horizonte cultural, particularmente na musica e na literatura.

    Desde há um ano moro em Luxemburgo, próspero país no que o galego é utilíssimo na vida quotidiana por ser a quarta língua mais falada por trás apenas das três línguas oficiais (luxemburguês, alemão e francês). Para além disso, e em grande medida graças à emergência da florescente economia brasileira, que se perfila já como uma grande potência mundial num futuro não distante, cada dia há mais interesse no mundo por apreender uma língua, o galego, que nasceu na Galiza do génio dos nossos antepassados.

    É a nossa responsabilidade que este nosso humilde legado para a riqueza cultural da humanidade não desapareça na terra que o viu nascer. Fala galego.

  33. Marcelino Fernández Mallo

    Unha lingua representa o código xenético dun pobo. O galego representa a maneira única dos galegos vermos, interpretarmos e expresarmos a realidade. O galego é, ademais, a ligazón permanente cos antergos, coa esencia deste o noso País. Sen galego, non hai Galicia.

  34. David Otero
  35. Pablo González Castro

    Ao meu pai, residente en Bélxica, déronlle as indicacións por teléfono en galego para pór Internet na casa, despois de que lle atenderan en francés e flamenco (pasáronlle cunha persoa que era de Santiago).
    Á miña irmá, que traballa en Londres cara ao público, o galego sérvelle para atender eficazmente aos lusofalantes.

  36. Jorge Lariño Mayo Ex-mergullador profesional

    O galego serveume con 18 anos cando fun a suiza a buscar traballo, o galego abreume as portas en algunhas empresas, ( bastante mellor que o castelán) axudoume a comer ( non entendía a carta, pero a camareira era portuguesa) dous anos mais tarde axudoume a encontrar donde durmir en Xinebra ( a recepcionista sendo alemana entendia o galego, era unha amante de Rosalía de Castro), serveume para aprender alemán, francés, italiano e catalán. Serveume en Jamaica, en Miami, onde por certo falar español supuxome un grave problema e case perdo o avión ( por ser latino que no son benvidos, o final tiven que falar alemán para que me atenderan axeitadamente). En galicia o galego serveume para que me insultaran en CORUÑA e FERROL por ser galegofalante ( ano 2003 e 2004).
    A ignorancia é a que di que o galego non serve para nada, os ignorantes os que defenden esta postura.

    A miña moza é valenciana e non entende o que pasa aquí, que tendo unha lingua tan rica e bonita que sexa despreciada.Este mes estiven en muxia, laxe, fisterra, e asombreime que case todo o mundo menor de 30 anos fala castelán, pero que castelán!! un castelán que da pena oilo. Ah tamén en paris no ano 1989, gracias o galego atopei un hotel barato e xeitoso, o taxista era portugues e levoume a o hotel du stade, o lado do zoo de vicennes ( algo así )
    EN seichelles…. un dos restaurantes os que foi un compañeiro meu !era dun galego!.
    Usade o galego, é un idioma precioso ademais de útil.

  37. Raúl Seivane López,

    Eu sempre vivim fora da Galiza: nado na emigraçom o galego oral aprendido dos meus avôs serviu-me sempre para me comunicar perfeitamente com portugueses, brasileiros, etc .. .

    Tanto foi assim que afinal decidi aprimorar o meu galego oral com o achegamento ortográfico ao português padrom que promulga o reintegracionismo e foi-me sempre perfeitamente bem, também no âmbito laboral. De feito som o encargado para o relacionamento com os clientes de Portugal, Brasil, etc, na empresa de importaçom-exportaçom na que trabalho.

  38. Osmar Antón Castro Pérez
    O galego éme moi útil na miña vida

  39. María del Mar López González
  40. Ramom Oural, encarregado da distribuiçom

    Eu tamém som um galego no Reino Unido, queria dar-vos os parabens e apoiar a vossa iniciativa porque já estou farto de escuitar algumhas pessoas ignorantes a dizer que o galego nom serve para nada fora da Galiza.

    Depois dum tempo vivindo fora podo dizer que isso é umha falácia, cando cheguei aqui o meu nível de inglês oral nom era mui bom mas graças à fonética do galego conseguim melhorar em pouco tempo a minha pronúncia.

    Na escola na que estudei, puidem comprovar a vantagem que supom falarmos galego pois vim como os meus companheiros espanhois que só falavam castelhano tinham muita dificuldade para pronunciar palavras simples como “shoot” ou “fish” por causa do fonema “sh” que nom existe na sua língua e eu pronunciava-as sem problama pois em galego tamém temos esse som, escrito com “x”, como nas palavras “peixe” ou “teixugo”. Outro tanto se pode dizer da distinçom das vogais abertas e fechadas que existe tanto no galego e no inglês como noutras línguas.

    Nom só isso, cando cheguei ao Reino Unido descobrim que podia comunicar-me com muitas pessoas na minha própria língua . Umha das cousas que mais me impressionou ao pouco tempo de chegar foi poder falar as mesmas palavras que eu falava na minha casa com umha daquelas mulheres indianas que usam o “saree” e os atavios tradicionais das mulheres hindus, ela era a primeira xefa que tivem aqui e era originária de Goa polo que falava um português bem limpo.

    A nível laboral som encarregado da distribuiçom numha empresa de catering e tamém emprego o galego para falar com vários clientes e colegas de trabalho portugueses, brasileiros e angolanos.

  41. Virxinia Feal
  42. Nora Longhini

    Son Nora Longhini Moreira Licenciada en Letras , filla de nai galega e galega por adopción ,vivo en Buenos Aires e aprendín o galego en algúns cursos no Centro Galego e no Centro Galicia de Buenos Aires. Dediqueime a investigar a obra de Xosé Neira Vilas e xa publiquei dous libros sobre a súa narrativa. Se non soubera o galego non podería habelo feito , dado que é necesario coñecer os textos na súa linga nativa para saber valoralos en toda a súa dimensión . Ademais , o mais importante: a través do galego achegueime moitísimo máis a meus antecesores , a súas costumes e condicións de vida naquela difícil España dos anos vinte , cando chegaron os meus avós.

  43. João Manuel Peres Lijó: gestor de informação

    O galego ajuda-nos a aprender outras línguas. Quantos mais conhecimentos em línguas mais possibilidades teremos de aprender outras. Assim o galego, graças à sua fonética diferente do castelhano, ajuda-nos a uma melhor aprendizagem, a poder aceder facilmente a outras línguas românicas e a poder comunicar-nos com os milhões de pessoas que falam português.
    Obrigado pela vossa iniciativa.

  44. Suso López, Comunicador Audiovisual

    O galego é útil para o meu traballo no día a día pero tamén é a base para poder aprender outras linguas. Foi, é e seguirá sendo unha lingua útil, tanto dentro coma fóra de Galicia

  45. Óscar Senra Gómez
  46. Xosé G. Serén, editor

    O galego serviume tanto os dous anos que morei em Dublin como o ano e medio que levo em Barcelona. Tanto por razóns utilitarias como sentimentais, que de todo hai na vinha do senhor🙂
    Fixem amizade com brasileiros na nossa lingua comúm, fixem amizade com galegos que nom conhecía, fixem amizade com espahois, franceses, etc. que agora tenhem no seu vocabulario varias palavras galegas…

    Em Dublin conhecín e fixem amizade com Pearse Hutchinson, um velho poeta irlandés que traduciu a moitos poetas galegos (medievais e actuais).

    Em Barcelona hai unha morea de actividades sociais e culturais onde os galegos e galegas participamos e dámoslhe o nosso “aire” ás cousas.

    Parabéns pola iniciativa e unha aperta para tod@s

  47. Francisco Gómez Gómez, enfermeiro

    Na medida que unha lingua é util está garantida a súa permanenza no tempo.

  48. Alvaro Rodriguez Vazquez
  49. Pablo Gamallo Otero, investigador Ramón y Cajal na Universidade Santiago de Compostela

    O galego serve-me para formar parte activa da comunidade investigadora do processamento da língua portuguesa, colaborando em projectos com investigadores portugueses e brasileiros, organizando congressos com eles, participando em co-orientaões de teses, etc. Por outro lado, dadas as similitudes morfo-sintácticas e léxicas entre a variante galega e as luso-brasileiras, é fácil adaptar as ferramentas e recursos de linguística computacional portugueses e brasilerios à nossa variedade, o que nos permite, com baixo custo, dispor de mais e melhores aplicações informáticas dentro da área da engenharia linguística.

  50. J. Christian Wuzel
  51. Ana López-Suevos Fraguela
  52. Roberto Soto Sola
  53. Steve Porter, tradutor, profesor e escritor

    Son escocés e levo moitos anos escoitando as mesmas críticas sobre as outras linguas nativas de Escocia: o “scots” e o gaélico. Eu crecín bilingüe en inglés e máis escocés.
    Aínda que é verdade que teño certa facilidade para aprender linguas, creo que o feito de ter crecido bilingüe axudoume coa aprendizaxe. Aínda máis agora que falo varias linguas latinas.
    No meu entorno profesional vexo provas dabondo que demostran que a xente bilingüe ou a xente que xa sabe dúas linguas ten mellores posibilidades de aprender outras. Tamén creo que as persoas monolingües, sexa en inglés, o castelán o cal quer outra, son elas que ten as mais dificultades de aprender ben o aínda tomar en serio a utilidade das outras.
    No caso do galego, é unha lingua que complimenta os meus estudios do portugués e non teño dúbida que é útil (todos linguas son porque tamén abre a porta dunha cultura).

    Non podo ver ningún problema co seu manifesto. Nora boa e sorte!

    Este é o meu blog (no inglés) sobre Galiza. Ten moitas temas correntes sobre a lingua:

    http://galidonia.blogspot.com

  54. Susana Méndez

    E tanto que é útil! Cómo pode alguén pensar que non o é? Para empezar, o galego elles útil aos miles de persoas que o usan a diario para comunicarse entre sí, que de non telo terían que recorrer a outra lingua. E tendo unha lingua tan fermosa, porqué utilizar outra? Coñecer linguas, cantas máis mellor, facilítanos a comunicación, esa fermosa palabra que designa unha característica típicamente humana. O galego axúdanos a mellor aprender outras linguas (e con elas outras culturas), por fonética, gramática, léxico e conciencia.
    Pero ademáis o galego válenos para poder estudar, traballar, visitar moitos paises irmáns onde poderemos entendernos con brasileir@s, portugues@s, angolan@s, caboverdian@s, e tantas outras xentes. E válenos para axudar a outr@s a comunicarse.
    E, se ademáis imos a algún lugar onde se fale unha outra lingua que non coñecemos, sempre haberá un galego ou unha galega que nos axuden a nos mellor entender!
    Para iso é útil o galego. E non só é útil, é fermoso!

  55. Delmi Alvarez, photojournalist
  56. Rafael Casanova Fernández
  57. Daniel Boo, enxeñeiro de telecomunicacións

    Traballo nunha empresa de telecomunicacios e levo seis anos eiqui. Eu diria que uso o galego en torno a un vinte por cento o dia, xa que moitos dos meus correos, das minas conversacios, moito do que eu penso ou imaxino, e en galego.

    Por certo, alguns dos meus companeiros son italianos, e vexo que moitas palabras son caseque identicas ou moi similares en galego e italiano.

    Gustariame participar nalgun foro ou o que sexa relativo a iste tema. Hai algun?

    Deica

  58. Eduardo Castro

    AS LINGUAS NON OCUPAN LUGAR, DíGOCHO EU…, NACÍN EN CUALEDRO E CRIEIME EN VERÍN, NUNHA SOCIEDADE BILINGÜE QUE ESTÁ A 15 Km DA FRONTEIRA DE CHAVES EN PORTUGAL………DE NENO ,NON TARDEI EN VER COMO O MEU AVÓ LLE SACABA PARTIDO COMO COMERCIANTE AO SEU GALEGO-PORTUGUÉS…
    NON ME PERMITIRON APRENDER O GALEGO NA ESCOLA PERO APAÑEIME.
    CON DEZ ANOS EMIGRAMOS A MADRID E NON TIVEN NINGÚN PROBLEMA PORQUE FALABA DE XEITO NATURAL DÚAS LINGUAS. NON TE IMAXINAS O EXERCICIO MENTAL QUE ISO SIGNIFICA.
    PERFECCIONEINO GRAZAS A QUE NA MIÑA CASA SEMPRE TIVEMOS LIBROS EN GALEGO, E ERA O QUE FALABA CANDO VOLTABAMOS A GALIZA POR VACACIÓNS.
    NON INTENTEI QUE CAMBIARAN O SISTEMA EDUCATIVO EN MADRID PORQUE PREFERIRA O GALEGO, SIMPLEMENTE ADAPTEIME………..BILINGÜE¡¡¡

    A MIÑA PRIMEIRA MULLER DE ESCOITARME E DE VIR A GALIZA APRENDEU GALEGO…NON LLE PERXUDICOU PARA NADIÑA…TEMOS UNHA FILLA QUE NACEU EN MADRID, QUE FALA CASTELÁN E GALEGO…(TEN DOUS TÍTULOS DE GALEGO, QUE ACADOU NOS CURSOS DA XUNTA EN MADRID); ISTO AXUDOUNA COS SEUS ESTUDOS DE INGLÉS EN DUBLÍN (EIRE), E AGORA VIVE DISO….. DIRIXE CURSOS DE INGLÉS EN ESPAÑA E ADEMAIS ESTUDA NA UNIVERSIDADE TRADUCCION E INTERPRETACIÓN. EU CONSIDÉROA POLÍGLOTA, POIS FALA TAMEN FRANCÉS, PERFECCIONOUNO EN BÉLXICA.

    VIAXO POLO MUNDO TRABALLANDO EN DIVERSOS PAÍSES. POR CERTO, EU TAMÉN FALO INGLÉS, APRENDINO EN HASTINGS (ENGLAND) E LOGO EN DUBLIN (EIRE).
    UTILÍZOO NO MEU TRABALLO, IGUAL QUE O PORTUGUÉS, CANDO TRABALLO EN PORTUGAL.
    NAS FEIRAS INTERNACIONAIS ENCÁRGOME DOS LUSOFALANTES, E NON ME CUSTA NADA, POIS FICA PERTIÑO DO GALEGO, COMA CUALEDRO DA…. RAIA…..
    EN HONK KONG ENCONTREI CAMAREIROS CUXA LINGUA ERA O PORTUGUÉS: ELES CO PORTUGUÉS E EU CO MEU GALEGO………PERFECTAMENTE¡¡¡¡¡

    COS ANOS EMIGREI ….A CATALUNYA..ONDE ME CASEI DE NOVO..APRENDÍN O CATALÁ..(A EMPRESA NA QUE TRABALLO USA O GALEGO (A LINGUA DO CAPITAL SOCIAL), CATALÁ, FRANCÉS, INGLÉS..A COTÍO).
    TEMOS DÚAS FILLAS CATALÁS, QUE NA ESCOLA ESTUDARON TODO EN CATALÁ, A SÚA NAI ENSINOULLES O CASTELÁN E EU O GALEGO: TRILINGÜES, MANDA CARALLO…
    VIMOS A GALIZA FAI 6 ANOS…….E MIRA TI POR ONDE NUN MES XA ERAN AS MELLORES DA CLASE…..E TAMÉN EN GALEGO¡¡¡
    AGORA A MIÑA MULLER CANDO ESCOITA FALAR AOS CABOVERDIANOS E ANGOLANOS DI “QUE BIEN, LOS ENTIENDO”. EU DENDE O PRIMEIRO DÍA QUE A COÑECÍN ¡¡FALEILLE EN GALEGO¡¡
    AFORTUNADAMENTE NO SEU COLEXIO CUMPRÍAN A NORMATIVA DO GALEGO NO ENSINO..E NON TIVERON NINGÚN PROBLEMA….NO RESTO TAMEN SON AS MELLORES DA CLASE…(A XIMNASIA MENTAL DE MANEXAR VARIAS LINGUAS)…….. NISTO ESTABAMOS CANDO ELAS (SON XEMELGAS) QUEREN PARECERSE Á SÚA IRMÁ MAIOR. E DECIDEN ESTUDAR INGLÉS..SE EN SANTIAGO PÓDESE ESTUDAR INGLÉS¡¡ PAGANDO, COMO EN MADRID OU EN PERNAMBUCO..
    NON SE CONFORMARON E A PESAR DE QUE PODÍAN CONVALIDAR O FRANCÉS (OPTATIVA) NO INSTITUTO, POLOS SEUS ESTUDOS NO CONSERVATORIO PROFESIONAL, AGORA ESTUDAN FRANCES¡¡
    A TODO ISTO EMPURRADAS POLA SÚA APRENDIZAXE DE GALEGO ,CATALÁ E CASTELAN AO MESMO TEMPO DESDE OS PRIMEIROS DÍAS DA SÚA VIDA…

    A MÚSICA, O IDIOMA UNIVERSAL…….TAMÉN O DOMINAN, SIII AS TRES FILLAS QUE TEÑO LEN E INTERPRETAN……SOLFEXO¡¡¡…
    EU UTILIZO AS LINGUAS PARA ENTENDERME CO MUNDO, DENDE A DIVERSIDADE. MOITOS SABEDES QUE BEN SOA ”WOMAN” DE J.LENNON EN INGLÉS, E “AÍ VÉN O MAIO” DE EMILIO BATALLÁN EN GALEGO….
    SE EU DIGO “GALEGO” ………A QUE TI NON SABES SE ME REFIRO.. A UNHA PERSOA OU A UNHA LINGUA…..?
    POR ISO , UNHA PALABRA QUE DEFINE Á NOSA LINGUA E A NÓS..ESTÁN UNIDAS EN ESENCIA…E UN POBO QUE RENUNCIA Á SÚA ESENCIA, QUE NON LLE IMPORTA QUE MORRA, MORRERÁ CON EL…….POR CERTO, SUSPENDÍA O LATÍN EN XUÑO E APROVABA EN SETEMBRO…… ABUR, ADEUS, GOOD BYE,ADIOS,ADEU,AU REVOIRE……..GRAZAS POR LELO ENTEIRO¡¡¡¡
    ITO CASTRO

  59. Xosé López, Administrativo

    Ola, chámome Xosé López, e teño tratado con persoas de moi diferentes países. Ai via a miña reflexión a xeito de letanía:

    O holandés non é útil fóra das súas fronteiras, mais os holandeses non renegan del.

    O grego non é útil fóra das súas fronteiras, mais os gregos non renegan del.

    O noregués non é útil fóra das súas fronteiras, mais os noregueses non renegan del.

    O sueco non é útil fóra das súas fronteiras, mais os suecos non renegan del.

    O danés non é útil fóra das súas fronteiras, mais os daneses non renegan del.

    O italiano non é útil fóra das súas fronteiras, mais os italianos non renegan del.

    O galego é útil fóra das súas fronteiras, mais os galegos … hai quen renega del.

    Que tanto ten que unha lingua sexa útil ou non? Os anteriores países non deixan de falar a súas linguas porque non sexan útiles fóra das súas fronteiras e, ademais, impóñenas e esíxenas. Para lingua útil utilizan o inglés que é a lingua mundial.

    E eu sigo ese modelo que ademais afonda na diversidade cultural: lingua propia (galego) e lingua mundial (inglés), e xúrovos que o galego me serviu máis que o español para pronunciar mellor o inglés e enxerga-la súa gramática.

    E o español? Pois só me sirve para falar con españois (insulares e parte da península ibérica -coa outra parte da península enténdome mellor en galego-) e cunha parte de latinoamérica (cos brasileiros, por certo, enténdome mellor en galego que en español ou inglés) pero non con chineses, xaponeses, australianos, indúes, israelitas, ingleses, rusos, americanos, canadenses, belgas, franceses, polacos, … sigo ou abonda? checos, polinesios, alemáns, hawaianos, filandeses, etc, etc, etc.

    Que modelo é máis desexable, o de hispanoamérica ou o de Europa, eh galicia-bilingüe?

    Bicos e apertas aos que manteñen a diversidade cultural e loitan por adeprender unha lingua para se entender co resto do mundo. Saúdos á diáspora galega.

  60. José A. Beiroa Troiteiro, Xefe de RR.HH.

    Só os babecos poden dicir o contrario. ¿É minoritaria e inútil unha lingua ca que podes comunicarte con máis de 200.000.000 de persoas en todo o mundo?.

  61. Mª del Carmen Fernández López,

    Teño unha irmá que fala ademais do galego e do castelán, inglés e francés e cando rematou os seus estudos o seu primeiro traballo foi nun goberno rexional francés. Onde foi seleccionada porque fixo pasar o galego por portugués, que era o idioma que pedían para cubrir este posto. E unha vez que entrou, desde logo non tivo ningún problema para traducir textos portugueses, falar con entidades portuguesas e incluso coa axuda dun corrector escribiu textos en portugués.

    Posteriormente estivo preparando o exame oficial de lingua portuguesa do Instituto Camoes, exame que para ela foi bastante sinxelo, grazas aos seus coñecementos de galego, que lle axudaron sobre todo no que se refería á colocación dos pronomes. Así que a miña pregunta é a seguinte ¿Quen son os pais para prohibir que os seus fillos teñan unha maior cultura ou maiores posibilidades de traballo o día de mañá?

  62. Patane García Méndez ,

    Ola,

    chámome Patane García Méndez, estou licenciada en psicoloxía e traballo na Coruña. Eu son asturiana, da terra de Navia-Eo, onde desde pequena me falaron en galego. Xa de grande vinme traballar a Galicia e procurei aprendelo, porque me gusta, porque me serve para coñecer mais da xente coa que vivo, de entender a historia e a cultura. O galego permíteme disfrutar da música e literatura brasileira e portuguesa, permíteme percorrer Portugal e relacionarme con lusofalantes de todas as latitudes. E axudoume moito para mellorar co francés.
    Quero darvos a noraboa pola vosa iniciativa, concordo con vos na necesidade de berralo na internet, para ver si así o escoitan algunhas persoas que semellan estar xordas.
    Saúde,

  63. Juan José Fernández Suárez, estudante.

    Bos días!! Quixera darvos os meus máis recoñecidos parabéns pola vosa labor co meu sinal de identidade máis prezado: a lingua galega. Estou dacordo na totalidade do manifesto. E podo dicirvos que, por desgraza, aínda hoxe na Galiza que me criei existe moitísima xente con ese odio da nosa lingua galega. Cousas coma esta, sirven para demostrar que o que temos é unha riqueza enorme que debemos gardar coma o tesouro máis prezado. Asi mesmo, rematar coas verbas que din que o galego é de segunda división, que racha coas oportunidades laborais, e moitas máis tonterías que saen da boca da xente. Porque non creo que un galego que non sabe o meu idioma e que non entende a miña cultura, se poida considerar galego, tan só por vivir neste país.
    Unha aperta moi forte e ánimo dende Galiza para os galegos que ficades fóra do país.

  64. Isabel Varela Iglesias, técnico de prevención de riscos laborais, Barcelona .
  65. Juan Táboas Lobato,

    Traballo na loxistica e o contacto con clientes e proveedores portugueses e case diario, pero ó meu parecer non necesito valorar o galego como algo útil para darlle un rango de importancia. O galego é cultura viva, é algo polo que sentirse orgulloso. Darse conta de que tes un instrumento de comunicación oficial propio, que pertence a unha porcentaxe de población tan pequena nun mundo tan grande, fainos extraordinariamente ricos culturalmente.

    Eu creo que o galego é util cando penso que cando viaxas polo mundo e de repente nunha cidade perdida das coutro galego, e dis: “manda carallo! outro coma min perdido no mundo” é te botas unhas risas porque é certo que estamos en todas partes, e pensar que o mellor esa persoa que emigrou fai 30 anos xa non recordaba o son das verbas da nosa benquerida lengua…simplemente có acento que desprendemos o falar, xa lle estás regalando unha “calor” que seguramente facia anos que non sentia.

    Apoio a nosa lingua e apoio a discriminación positiva hacia o castelan.

  66. Carlos David González, Recursos Humanos.

    Eu vivo en Madrid desde 2002, e o feito de ser bilingue tenme demostrado que aprendo más rapidamente outros idiomas que outros compañeiros madrileños, que só teñen o castelán como lingua materna. Ademáis, para nós é unha vantaxe competitiva a nivel laboral o podermos comunicar doadamente en galego e en português.

  67. Gerardo Albela González, Enxeñeiro de Telecomunicacións, Senior Software Developer.

    Cando decidín vir para o UK, contratáronme na empresa na que hoxe traballo porque estaban a buscar un consultor que puidese programar en Java e ler documentación técnica en castelán. Pronto se volveu obvio para eles que non só lles son útil co castelán senón tamén co portugués, e pronto descubriron que non só lles son útil cando se trata de ler documentación técnica, senón incluso documentos legais, correos electrónicos, chamadas telefónicas, reunións…

    O feito de saber galego / portugués é unha importante liña máis no meu CV, tanto ou máis importante que calquera das linguaxes de programación que tamén “falo” e polas que en principio me contratan.

    É certamente incrible ter que estar a defender no século XXI a utilidade dun idioma e máis dun coma o galego que nos abre as portas dunha comunidade con arredor de 240 millóns de falantes e é aínda máis incrible que haxa xente que rexeite a oportunidade de abrirse esas portas tendo a oportunidade pero, por se serve para abrir ollos e oídos, aquí vos queda a miña humilde experiencia.

  68. Malena, Profesora.

    Para min eime moi útil porque é o que falo.

    Tamén o falo porque, como decides vós, é moi útil.

  69. Xosé Lois

    O meu nome é Xosé Lois Souto e, dende a miña experiencia no extranxeiro (hoxe en día vivo na península) tanto en América (Porto Rico e Venezuela) coma en Europa (Luxemburgo e arredores) é que o galego valeume para me integrar nos mundos lusófonos e para ter outra ferramenta de axuda ó aprendemento de outras linguas coma o francés.

    Bicos e apertas.

  70. Xelís de Toro, editor Internacional e escritor.

    noraboa pola idea

    Traballo en Londres de editor Internacional e escritor

    O galego sempre me deu unha avantaxe en todo tipo de traballos no extranxeiro. Os primeiros anos en Inglaterra traballei de lector de galego, pero xa hai moitos anos que a miña actividade profesional xa non depende do galego, salvo os libros que escribo de literatura. A utilidade de falar máis dunha lingua, calquera que sexa, vai por diante da utilidade práctica de cada nova lingua. Saber falar máis de unha lingua implica saber negociar, entender que existe unha variedade das experiencias e comunicacións humanas e que esa persoa tivo que esforzarse para entender diferentes maneiras de expresarse no mundo. Todo isto é algo que sempre valoran moito as persoas que teñen que escoller persoal para unha empresa. Desde o seu punto de vista, e tamén desde o meu, unha persoa bilingue é de entrada máis aberta, flexible e con un mellor entendemento do mundo. Isto sen mencionar a clara utilidade práctica para entenderse en portugués. Eu neste momento estou a aprender francés e de novo o galego está sendo de enorme utilidade.

    apertas

  71. Carolina Silva, Hamburgo
  72. Pablo Pousa, Enxeñeiro.

    ¿Pódese cuestionar seriamente a utilidade do galego?.

    Teño viaxado moito polo mundo por motivos de traballo. Como non podía ser de outra maneira, o galego resultoume especialmente útil para tratar cos clientes de Portugal en 4 das 5 empresas multinacionáis nas que traballéi nos últimos anos, ademáis de facilitar moito a xestión de proxectos de clientes de Brasil e Angola.

    Máis anecdóticamente tamén me resultou útil para moverme por París e especialmente Luxemburgo (a maioría dos taxistas son Portugueses) e me facilitóu a facer amizade con paisanos galegos espallados polo mundo. Recomendo aos galegos que viaxan polo extranxeiro que se interesen por coñecer a eses paisanos que teñen un restaurante ou unha taberna nas principáis urbes do mundo. A todos os emigrantes lles encanta escoitar a alguén falando na sua lingua. Naturalmente coñecín moitos paisanos galegos en Europa, principalmente en Alemania i e Londres, pero tamén os encontréi en sitios como Chicago (o dono do famoso “Rte. Ibérico” é de Ortigueira) e Sydney onde hai motios restaurantes galegos (sobre todo en Liverpool Street).

    Xa no plano personal o coñecemento da lingua galega me resultou moi útil en numerosos viaxes turísticos a Portugal, e moi especialmente para poder ler as aventuras de Vasco de Gama da man de Luis de Camoes, os relatos de Eça de Queiroz, a poesía de Pessoa…

  73. Xosé Candal

    Ola, quero sumar a minha sinatura á vosa iniciativa. Ao tempo, indicar que teño moi claro que o feito de sermos usuarios de dous idiomas desde nenos facilita a aprendizaxe e uso doutros novos. Estiven como ersamus un curso e logo percorrín miotos lugares de Europa. A Italia fun tras ler un curso de italiano por fascículos e a Alemaña logo de facer os exercicios dun libro de alemán que atopei nunha libraría de vello. Un saúdo e parabéns pola iniciativa, a ver se chega aos novos membros da Xunta

  74. Iolanda Alonso

    Nas ocasións en que teño viaxado por Europa sempre atopo a algunha persoa lusofalante. Saber galego serviume para comunicarme con esta xente.

    Tamén me serviu para comunicarme en Italia, xa que aínda que non sei italiano a semellanza entre ambas linguas facilitou a miña estancia en Roma.

    E, malia que algúns portugueses teiman en falarnos en castelán, eu axúdome do meu galego para ir a Portugal.E se poidera ver a TV portuguesa na miña casa, podería aprender inglés vendo as películas cos subtítulos en portugués.

  75. Jordi Puig i Martín, sociólogo.

    É claro que o galego é útil. Eu non son galego, son catalán. Eu non aprendín galego na escola, nin na miña familia (eu son bizneto da emigración!). Gústame moito ir a Galiza, máis non estiven alí máis de catro ou cinco voltas. Cóme é posíbel que fale galego (sí, xa sei, con moitas faltas…)? Porque é útil, e tiven que aprendelo. Útil para coñecer Galiza pola rede. Para comprender a música e a literatura galega. Para escoitar a radio galega por internet. E, sobretodo, porque nun século XXI onde as fronteiras territoriáis xa non poden construir identidades, as linguas son as verdadeiras comunidades de persoas, que atopan no mundo virtual os espazos de encontro, dende Lugo, Bos Aires, Londres, Pequín ou Barcelona.

  76. Carlos López Grueiro
  77. Xosé Antón Vilaverde Santamariña
  78. Joan Campio Rodríguez Gómez,

    Eu son fillo de galego e crieime aqui en Badalona e sempre vivín aquí. O meu Galego é autodidacta e cometo moitos errors ao escribilo, o aprendín grazas a nosa cultura sobretodo da nosa música e da nosa literatura. O feito de saber Catalán e Castelán fíxome as cousas moito máis fáciles, xa que o Catalán e o Galego teñen moitas similitudes entre eles que con o Castelán, supoño que debe ser por os moitos nexos que nos unen.

    O Galego serviume pra profundizar sobre a nosa cultura e a nosa historia, e darme conta que a emigración galega primero en sudamérica e logo, na actualidade, culturalmente falando, os centros da emigración que máis estan traballando son os de Bruselas e Barcelona os sempre eternamente olvidados e menospreciados polos que están na Galiza.

    O Galego é unha das linguas mais bellas que conozco, ten una sonoridade que namora e serve cómo outros diciches antes pra comunicarse con xente da lusofonia xa que non hai que olvidar que a partir do Galego surxiu o Portugués e podemos dicir que o Portugués é a mesma lingua que o Galego pero máis evolucionada.

    Para concluir unha pequena referencia, a lingua e parte da cultura dunha nación e a esencia mesma do pobo, ten que estar protexida e ter un trato preferencial pra a súa conservación e vitalidad tal como dín a Constitución Española e que algúns que se definen galeguistas e españolistas defensores aferrimos da Constitución o unico que fan es mentir e menospreciar a lingua dunha nación recoñecida por Nacións Unidas.

  79. Fernando Pazos García,

    A beleza da nosa lingua non se debería medir polo seu maior ou menor grao de utilidade. Malia todo, o día a día demóstrame que cómpre visibilizar que o galego non pecha portas, senón que as abre (pero de verdade, non como outros din), e que orientar toda unha vida nunha lingua diferente da propia é un erro que se rematará pagando caro a través da desaparición do galego.
    Gústame viaxar, coma a calquera, e o manexo de máis dunha lingua (si, si, o galego é unha lingua útil tamén) facilita enormemente a comunicación e, por extensión, o goce da viaxe.

  80. Xulio Anxo Martinez Costas, Vigo – Galiza.

    bom dia,

    Apoio plenamente esta iniciativa, e, aproveito para enviares um saúdo e uma aperta a tod@s @s galeg@s que estám polo mundo adiante mantendo viva a nossa identidade.

    saúde e terra.

  81. Beatriz Vilaverde,

    O galego éme útil porque con el traballo e consigo o meu soldo, grazas a el leo o xornal para cabrearme con moitas noticias (ou non), a través del discuto sobre o estado do meu barrio, cando fago o amor porque ás veces cómpre comentar algo (:p), sempre que negocio cos meus amigos o destino da nosa próxima viaxe e mentres que agarimo ás persoas que quero.
    Para min todo isto representa o máis importante capital que posúo.

    Quen se atreve a me dicir que a miña lingua non é útil?!

    Saúdos e parabéns pola iniciativa!

  82. Mercedes Folgueira Bañuelos,

    Non só para comunicarse, para aprender outras linguas senón tamén para comprender que hai moitas maneiras de se comunicar e que todas as linguas poden expresar todo tipo de contidos e ser linguas de cultura.

  83. Serafín Vázquez, profesor de Lingua.

    Claro que é útil o galego. Se desaparece, desaparecemos como pobo.

    http://ensinargalego.blogia.com/

  84. Ernesto Oxford
  85. José Juan Martínez García, Mestre e tradutor

    Ola

    Parabéns polo manifesto. Concordo totalmente. Por suposto que todas as linguas son utis, sexa o castelán, o francés ou o wolof… Todas. Enorgullarse da ignorancia dunha lingua, é unha animalada. Eu tamén vivín varios anos en Londres e agora vivo en París. O galego axudoume moitísimo na aprendizaxe do francés, porque te refires a pronuncias e estruturas gramaticais que si existen en galego e non en castelán (e hai moitas)… Alén diso, cando cheguei a París e non falaba nen papa de francés o galego axudoume moito para a comunicación debido á importante comunidade portuguesa en París, por exemplo a porteira do meu piso é portuguesa, e con ela falo galego desde o principio, o mismo que o caixeiro do banco no que abrin a miña conta corrente, o galego facilitoume moito a vida… No curriculum poño que falo galego e portugués, porque grazas ao galego, calquer galegofalante terá mais competencia lingüística que moitos alemáns, ingleses ou franceses que leven anos estudando portugués… Simplemente ese valor engadido de ter unha lingua coa que te poidas comunicar con toda a Lusofonía debería erradicar calquer argumento parvo de que o galego é inútil. Ademais de todo esto, o galego é noso, e hai que coidalo.

    Graciñas

  86. Roberto Castro,

    A miña experiencia e que o Galego serve pare relacionarse en todo o mundo, dada a súa proximidade co Portugués. Idioma irmán e que tamén espallado polo globo, dende Africa ate Asia.

    Parabéns pola vosa iniciativa

    Unha forte aperta

  87. Xaime Nogueira, (libreiro)

    Saúde e LINGUA!,

  88. Ramom Alvarez-Rivera

    Olá, eu também som Galego residente no Reino Unido (Manchester) e podo acreditar que é precisamente o conhecemento de esta fermossissima lingua o qué me ajudou a aprender outras como no caso do Inglês ou o Italiano.

  89. Manuel Noya Guldrís Área de Bioloxía Celular.

    Non vou contar nada novo que os da lista non saibades, pero xa hai anos, no 1992, fixen un curso de inglés en San Antinio, Texas, EUA.
    Resulta que os nosos profesores tiñan a teima de que os “latinos” non sabiamos pronunciar o “sh” inglés, pero claro, nós eramos todos galegos e non tiñamos ningún problema. Cousa que lle sorprendía aos profesores.

  90. Alberto Fernández empregado público.

    Boas:

    Son empregado público en Lugo. Estiven de neno vivindo en Madrid durante dezaoito anos, pero na miña casa sempre se falou o galego. Amo o galego, sinto o galego e SON GALEGO.

    Unha aperta a todas as galegas e galegos espallados polo mundo.
    LUGO

  91. Antonio Míguez Amil

    Olá a todos, eu son de Ribadavia e estiven o ano pasado en Londres estudando e traballando, son galego parlante, e cada día vexo que en Galicia hai cada vez máis desertores do arado, xentiña que refuxe falar e estudar galego porque pensa que non serve para nada. En realidade son parvadas, esa xente que cada día abonda máis por desgraza, son acomplexados da súa cultura nai, da súa identidade e da sua terra, son ignorantes e cativos de caletre, a quen se lle ocurre pensar que un idioma desvirtua outro, poida que non teñan máis sitio na cachola por iso teñen medo a saber o propio idioma e votanse no colo do alleo como taboa de salvación, coma unha especie de gaiola protectora que os ten pechados na sua propia concepción mental cativa e valeira. Tan só decir que actualmente vivo en Madrid, donde traballo para unha axencia de viaxes grazas a que coñezo o galego e por ende o portugués, pois vivo a carón da raia. O mesmo me pasou en Londres, nos dous sitios nos que traballei falei máis o galego e o portugués que o castelán, e grazas a iso puiden traballar máis comodo e ter maior comunicación. Os idiomas están para ser utilizados, non para ser esquecidos ou abandonados a súa sorte, e menos cando se trata do idioma nai, como é o galego, a mín nunca me estorbará, sempre ira conmigo a donde eu vaia, e contento que estou por iso.

    Unha aperta a todos e a seguir adiante coa reivindicación do galego.

  92. Patricia Fernández Calvo, Investigadora en xenética molecular de prantas

    Estando en Alemaña de estadía científica atopei un rapaz estadounidense. Ó primeiro falabamos inglés pero despois, posto que él botara uns anos en Brasil e falaba brasileiro e eu galego, decidimos comunicarnos nunha curiosa mestura de ámbalas dúas línguas. Foi todo un éxito posto que nos entendiamos perfectamente. Outra mostra máis da utilidade do galego.

  93. Mario Roberto Branco

    Meu nome é Mario Roberto Branco, não sou galego, nasci no Brasil neto de um galego de nome José Blanco. No registro do meu pai modificaram o Blanco para Branco – que é forma portuguesa.
    Para mim o galego é tão importante quanto qualquer outro idioma; leio amiúde o jornal eletrônico “La Voz de Galicia”, e mesmo podendo ler em castelhano, o leio em galego.
    Aprender não ocupa espaço e realmente torna mais fácil a aprender outros idiomas.
    Isso de dizerem que o idioma galego não vale nada para fora da Galícia é uma grande tolice.

    Saúde e Paz!

  94. Raimundo Vazquez, web manager

    Hola galeg@s

    Entenderia o mundo doutra maneira se non soubese galego.
    A minha comunicacion cos meus colegas portugueses, brasileiros e mesmo italianos seria moi distinta, distante.

    Hai sitio nas cacholas para todo. Non aproveitar o regalo de nacemento do galego é mostra de pobreza.

    Meu fillo naceu en Londres hai 3 anos. Súa nai é alemana e só fala con el en alemán, eu confundoo ca mezcla de galego e castellano. O cativo pensa en inglés pero entende todo o que lle di a nai, o pai, a abóa e os tíos.
    Como non lle imos a regalar o galego se lle pode dar “proximidade” a millóns de persoas en Galicia e por extensión na lusofonía.

    Apertas

  95. Estevo Santamarina Pérez, neurólogo, Barcelona

    Que podo engadir que non se dixera antes neste blog. Noraboa por esta idea!!

    O galego serviume para ter o “chip” de cambiar de lingua ó falar e así aprender outros, e no meu dia a dia a tratar cos doentes galegos. Que por certo, creo que escoito máis galego aquí en Barcelona que cando viaxo a CORUÑA ou VIGO incluso.
    Axudoume a entenderme coa comunidade portuguesa e brasileira nos distintos viaxes, sumándose ó listado da xente do blog.
    Cando escoito todos eses comentarios da xente sobre o galego, curiosamente son xente que apenas saiu de Galiza, e ademáis a maioría crendo que falan castelán (pobriños!! se se escoitaran de verdade a maioría falan xa galego disfrazado de palabras castelás).

    Pero tamén o galego permíteme encontrar páxinas coma estas que me fan sentir orgulloso. GRAZAS GALEGO

  96. Carlos Naya

    Eu levo un par de anos trabalhando no concelho de Cardiff, em Gales. Falar Galego nom so me axudou a conseguir o meu trabalho se nom que me axuda no meu trabalho a cotio. A minha equipa no concelho trabalha com xente sem fogar. Temos acceso a traductores en muitas linguas pero nom muita xente detro da equipa que fale outras linguas europeias. Todo bem para falantes de arabe, farsi, etc. Dende que eu empecei a trabalhar aqui o servicio tem axudado a muitos galego/portugues falantes sem o engorro que significa ter que estar agardando por traductores que te venham sacar as castanhas do lume.

  97. Camilo Nogueira, engenheiro industrial. Economista

    O galego é, naturalmente, útil em Galiza, como são no seu país todas as línguas próprias e nacionais. É de facto língua oficial no Parlamento Europeu. Eu falei ali em galego durante cinco anos, especialmente nas intervenções nos plenários da Cámara, sendo traduzido sem problemas e simultaneamente a todas as demais línguas oficiais da UE, entanto que calavan os intérpretes de português. É ademais uma das principais entre as línguas intercontinentais. Em Portugal, Brasil e nos demais paises de fala galego-portuguesa, teria se quisermos um uso tão normal como o inglês em Washington ou o espanhol em México. A ideia da inutilidade do galego não pertence ao campo linguístico senão ao eido da imposição e aceitação de um poder político alheio e alienante.

  98. Xosé Ramón Branco Sueiro, (médico en Catalunya)

    1º A nosa lingua e o cerne do noso ser diferenciado,se o perderamos perderiamos a capacidade de ser persoas con identidade plena(para convertirnos en masa)Imaxinadevos un mundo donde a xente só tivera 2 tipos de traxes e dous colores….por suposto que a identidade conformala mais elementos.Maís unha lingoa e a expresión da mesma

    2º Ainda que me arrepía escriber do xeito co farei agora.Unha língoa é tamén un mercado(mais de 200 millons de persoas no mundo a falan)Imaxenadevos as pontecialidades para a economia galega e para a cultura galega (no mundo que vivimos é outra industria).Todo isto que repercutirian nos petos dos cidadans Galiza
    falar galego poderia servir para non emigrar(unha das falacias contra nosa lingoa e que non serve para cando emigremos)

    3ºSomos unha Nazón onde os seus cidadans polo feito de nascer nela(sen nengún esforzo)podense entender sen mais con mais de mil millons de persoas no mundo
    que envidia para los españoles que desprezan a nosa lingoa.Hai que ser iñorante,resentido ou non querer a os seus fillos para renegar dista posibilidade de futuro para iles,como fan ises que din que a nosa lingoa a de ser voluntaria para o aprendizaxe ….Iñorantes!!!!!

    Saúdos

  99. Carolina Diaz Garcia-Muñoz
  100. Manuel Figueiras
  101. Júrgio Óscar Valinhas. Professor de Espanhol em Secundária na Califórnia, EUA

    NO meu caso, o galego serve-me nao unicamente para me identificar culturalmente, ou com fins exclusivamente comunicativos (com falantes das outras variedades da nossa língua) ou para aprender outras línguas, senao também na minha profissao a cotio. Nas minhas aulas tenho dous tipos de estudantes: uns que estao a aprender o espanhol como língua estrangeira e outros que precisam ser alfabetizado na sua própria língua (normalmente filhos de emigrantes hispanofalantes). O ter medrado numha sociedade basicamente diglóssica, ajuda-me agora a entender a pressao social e a baixa auto-estima que teem os falantes de espanhol nos EUA, chegando a ver casos de ódio linguístico, nao só por parte dos filhos, mas também -ignorantemente- por parte dos pais. Aí cumpre insistir na UTILIDADE da língua espanhola… Curioso, nao é?

    Também ajuda a experiência como estudante de galego -quando apenas se estudava numa matéria na secundária- no momento de intentar explicar a utilidade de ter um padrao linguístico -os meus estudantes falam variedades regionais do espanhol mexicano e centro-americano, muitas vezes bastante afastadas do padrao, e misturadas com o inglês- para chegar a ter uma perfeita compreensao.

  102. Santiago F. López Ponte
  103. Cibrán Santamarina Ríos, investigador

    Son investigador de Física de Partículas, actualmente na Universidade de McGill en Montreal, Quebec. Tamén traballei para a Universidade de Basilea, o Laboratorio Europeo de Física de Partículas (CERN) e a Universidade de Santiago.

    O galego serviume para aprender outras linguas que precisei na miña vida profesional e na miña vida persoal (o inglés e o francés). O galego tamén me
    serviu para comunicarme con investigadores portugueses cos que colaboro na miña investigación.

    Pero dito isto, tendo a fuxir do criterio da utilidade para defender a razón de ser das cousas.
    A catedral de Santiago, a música de Bach ou a pintura de Picasso non teñen utilidade práctica directa para moita xente e iso non fai que cuestionemos a súa existencia.

  104. Xosé R. Codesido García
  105. Begoña Centoira Bello
  106. Antonio Ferrer Moreira

    Utilidades: Podo ler e escoitar novas e música portuguesa. Podo falalo con toda a lusofonía, curiosamente hoxe rematei de pasar uns días en Portugal e poiden enterderme totalmente en galego cos portugueses. Logo, tamén, sendo mestre como son, podo enterderme cos inmigrantes que veñen do Portugal e do Brasil. Algún dos meus compañeiros que prácticamente non falaron Galego din ter problemas para enterderse con estes alunos. Desgrazamente, onde estou, eu, na Galiza, moitos destes rapaces vense obrigados a falar inmediatamente castelán, e moitos, rematan collendo o complexo de moitos galegos, e non queren falar a súa lingua cos galegos, senón o castelán. Eu teño clarísimo, por varias razón, que cantas máis linguas saibas, máis facilidades terás para aprender outras e máis satisfación persoal terás como persoa.

    Un saúdo, e parabéns pola iniciativa.
    Antonio Ferrer Moreira,dende Pontevedra.

  107. Raimundo Viejo Viñas

    4. Rir. O galego permite-nos rir: provachedes a contar um chiste noutra lingua? O humor nom se pode desligar da palavra. O dia que perdamos a lingua, perderemos o senso do humor.
    Saudaçons

  108. Candido Gonzalez

    Como travallador nun centro de chamadas en Cork-Irlanda, o língua galega “é útil” para aumentar o meu salário, ademáis de mellorar a comunicación e o coñecimento das persoas que falan a língua en América ou na Africa ( a miña supervisora é angolana e ven de ter o seu primeiro filliño! Parabens para eles e para as línguas que vai ter que falar!!)
    Cándido Glez. Regueira

  109. Javier Rocha, enxeñeiro informático

    son enxeñeiro informático, traballo en Dublin (Irlanda) desde fai preto de 2 anos. Por suposto o galego sempre me axudou a comprender perfectamente ós portugueses e brasileiros, pero a sorpresa foi cando me din conta de que entendía mellor ós italianos (moitas palabras similares como tartaruga, cutelo, farina..). Incluso me axudou para entender mellor francés.

  110. María López Riveiro

    Coma falante habitual de castelán, gustaríame salientar o carácter “íntimo” e “máxico” que para min ten empregar o galego nunha conversa.

    E me explico.

    O galego aportame un achegamento inevitable cara a outra persoa. Prodúcese unha instantánea e espontánea empatía con meu interlocutor. De ahí o de “máxica”.

    Acostumada a falar desde sempre castelán, como digo, actualmente emprego o galego para traballar en moitas ocasións, e a diario doume conta de que estas conversas cos meus clientes galegofalantes teñen un extra de familiaridade e naturalidade que me fai sentir moi cómoda, e que imaxino, ten que ver co emprego do galego na casa nas situacións máis “intimas” da familia, como é o meu caso.

    Por iso doume conta que pouco a pouco, o meu uso do galego vai deixando de ser limitado a expresións e conversas puntuáis, para formar parte importante do meu traballo e cada vez máis da miña vida persoal.

    Non quero deixar pasar a ocasión sen felicitarvos por esta estupenda iniciativa. Adiante, galegos morriñentos!

  111. Iolanda Gomis Parada
  112. Jose Carlos, Jornalista

    Amigos de Galiza no mundo

    Sou brasileiro, coloborador do Portal Galego da Lingua (www.pglingua.org) e grande admirador da cultura e da gente galega e afirmo que, mais do que útil, o galego é fértil ! Os depoimentos dos amigos galegos pelo mundo demonstra isso.

    E cada vez mais o galego integra-se no universo lusófono, ampliando os horizontes e fronteiras de sua rica cultura.

    Onde houver um porto para chegar encontrarás um galego!

    Por isso assino o manifesto

    Abraços do Brasil

  113. Carlos Boullon Agrelo, medico

    Meu nome e Carlos Boullon Agrelo, e son medico.
    Actualmente vivo en Inglaterra (I am sorry, teclado sen acentos e sen enhes). O sitio mais espureo no que me resultou util falar en galego foi en Diu. Diu e unha pequena illa en India que foi colonia portuguesa ata 1960. Os portugueses deixaron ali un moi bo recordo. Despois de varias semanas viaxando por India cheguei a Diu e atopei algunhas persoas que ainda falaban portugues. Foi unha festa. Iinvitaronme as suas casas, invitaronme a comer e a beber. Recordo que me presentaron un vellinho que cando foi da invasion india fuxiu para Karachi e fixo ala a sua fortuna personal. Estaba en Diu de visita aqueles dias, e desde 1960 que non falara portugues. Estaba emocionado.

    Pero onde mais me gusta falar en galego, e onde mais util coido que e, e en Galicia. Cando alguen me responde en galego, sinto que temos moito en comun. pertencemos a mesma cultura, a mesma tribu, que compartimos unha rareza no mundo, que e o noso idioma galego. Algo por onde empezar a entendernos.

  114. Manolo Salgado, profesor, Vigo
  115. Eudi Fernández, médico, Vigo
  116. María del Carmen Rosendo Rodríguez, florista, Vigo

    Que orgullo tan grande ós meus cincuenta e oito anos encontrar xente que se sinta tan ogullosa do seu idioma coma min.

    O galego sérveme pra comprar con soltura na feira de MelgaÇo todo-los mércores.

    Síntome galega dos pes á cabeza dende o corruncho da minha ánima

    Saudiños!!!

  117. RiQee de NeRGa
  118. Bernardo Penabade Rei
  119. Ildefonso Piñeiro Díaz, enfermeiro
  120. Xacobe Leiros Gomez, Irlanda

    O galego e unha lingua rica e maravillosa que podemos aproveitar moito no extranxeiro, eu estou vivindo en Irlanda dende fai uns anos e o feito de ter no meu curriculum o portugueses abriume algunhas portas.

  121. Andrés Barreiro Pardo, Intérprete de conferencias. Funcionario da Comisión Europea

    O galego axuda moito co portugués e co italiano. Ser bilingüe é unha ventaxa para aprender máis linguas,dende o inglés ao finlandés.Pero o importante de verdade e que o galego faiche coñecer mellor a terra,a xente,a ti mesmo. O galego faiche máis persoa

  122. Francisco Alexandre
  123. Xesús Cortinhas,
    Apoio completamente esta iniciativa. E ironico que tenha-mos que salientar a utilidade do nosso idioma, quando e um idioma que forma parte do universo lusofono do que formam parte mais de 200 milhoes de pessoas. Como residente no extranjeiro e por motivos laborais vin-me em muitas situacoms nas que a comunicacom com pessoas de Portugal e maiormente Brasil foi necessaria. Sendo a dimesom internacional um factor muito importante a nivel economico, eu gosto da nossa lingua porque e nossa, vencelha-nos ao nosso pasado como pais e projecta-nos ao nosso futuro co resto dos povos do mundo.

  124. Montse Irago Agra,

    Parabéns polo iniciativa. Eu tamén estiven en Londres e grazas ó galego puiden facerme entender cunha traballadora do metro para que me dera as indicacións para chegar ó hotel en metro. Seu pai era brasileiro. Son os que non sabe da utilidade do galego os que saen perdendo. Coa chegada da televisión dixital, televisións catalanas, RPT e RAI xa!!!!!!!!!!! Nós queremos aprender máis idiomas, e eses resultaríannos moi doados grazas o galego. Tamén estiven en Malta vivindo 8 meses, e eles saben italiano grazas á televisión que ven dende cativos porque na escola non se aprende italiano, e todo o mundo fala italiano!!!!

  125. Alba Tizón,
    Nunca entendín o de buscarlle utilidade a todo,pero se teño que decir se o galego é útil, por suposto que o é; o feito de coñecer unha lingua máis ábrenos portas e situanos por encima dos q só se comunican nunha.
    É unha gran sorte ter a capacidade de pensar en varias linguas e cando non atopas a palabra correcta nunha delas, búscala noutra…hai moitas palabras do galego que non teñen tradución a outro idioma.Por eso é unha lingua tan XEITOSA!😉

  126. Panchín,
    Son galego, vivo en galego, e mal que lles pese a algúns acomplexados morrerei en galego.Como dícía o poeta, “falo galego porque si, porque me peta e dame a gana…” e non teño porque xustificarme nen ir por aí pedindo perdón.
    Un idioma é util desde o mesmo momento que se fala e vale para entendermos, dentro e fóra do país.Quen pensa en monolingue é un pobre miope que non sabe ver máis alá dos seus prpios ollos. Noraboa polo manfiste e adiante co galego

  127. Ivám Cozinha. Professor e jornalista
    Primeiro, parabéns pola iniciativa. Segundo, nem que dizer tem que não faz falta nem argumentos para afincar a utilidade de um idioma.
    Afirmar a inutilidade revela profunda ignorância. Sou galego residente além dos Pirinéus, onde trabalho como professor de espanhol. Não se pode obviar a projecção internacional deste idioma, em função do número não despreçável de pessoas que o estuda como língua estrangeira. Mas durante todo o tempo que aqui estou nunca deixei de dar aulas de português. E serviu-me para contatar com vários portugueses e brasileiros sem ter que valer-me da ponte do inglês. Não há mais galegos na cidade onde vivo, porém vários hispanofalantes.
    Nenhum deles me negou, até ao dia de hoje, a vantagem como galego de me poder comunicar com a -não pequena- comunidade lusófona, para eles tão próxima linguisticamente, mas alhéia culturalmente. Pessoalmente uma das cousas mais fascinantes para mim é, vendo o galego além Minho, poder gozar do inabarcável mundo da música brasileira e bater papo por internet fóra dos canais hispanos. Cousas da vida, à minha mulher, demonstrar uma mínima perícia com o português -entenda-se, o galego que a mim me escuta😉 – ajudou-lhe a conseguir uma vaga para ensinar a sua língua natal entre a comunidade emigrante do seu país no Brasil, onde atualmente vive. Para mim isto demonstra que a minha opção de procurar vida fóra não foi de baldo e o sucesso finalmente fica na casa. Outra cousa vai ser, o dia de amanhã, conseguir que os meus filhos mantenham, em este ambiente totalmente estrano, a língua dos avós, por muito galego que eu lhes fale na casa, porque o pai é um referente que vão ter so umas poucas horas ao dia. Sei-no por
    experiência alhéia, como aqui os filhos dos hispanos fraqueam em espanhol, porque sendo pequenos e durante muitos anos assimilam-se à língua do ambiente no que vivem, por simples ração de utilidade e socialização. Quando medrarem um pouco, é que poderão ver o mundo de outra maneira.

  128. Antón da Carballeira

    O Galego é útil, mais o fundamental é que forma parte da miña esencia, da miña, sempre solidaria, forma de ser e estar no mundo. Existo porque son galego e son galego para, solidariamente, coexistir.

  129. Luis

    Parabéns polo voso trabalho!! a verdade é que fai falha xente coma vos, xente galega que defenda o galego. Que diga as cousas como son. Claro que o galego é util, o galego abrenos as portas a un mundo de 200 millóns de persoas, poderemos ler a Saramago, escoitar a televisión etc. Eu estiven este verán na Italia dous meses e ser e saber galego serviume moitísimo máis có castelán para aprender o italiano, parécense moitísimo. É un privilexio ser galegos e saber galego, moitos non saben o que se perden no mundo o negarse a aprender o galego, e descalificalo, e a consideralo inferior. Sí ao galego!!

  130. Xosé Antón

    Porque sí, porque é o meu e queroo, non cobizo nada alheo.

  131. Lourdes Fernández Barrós

    Aínda que non fose útil é a nosa lingua.
    É un agasallo que se nos entrega só polo feito de nacer nesta terra. Gustaríalles a moito ter a sorte de nacer nun lugar onde dende o primeiro alento de vida se escoitan e se aprenden dúas linguas. Resulta totalmente ilóxico renunciar a unha delas.
    Estou moi segura de que as dúas poden convivir e desexo cada día que isto deixe de ser arma de disputa política e social.
    É ÚTIL, É FERMOSO, É NOSO, DÉBESE USAR,… E ISTO NON DEBE SIGNIFICAR UN ATAQUE A NINGUÉN SENON QUE DEBE SER UN ELEMENTO DE UNIÓN E DE IDENTIDADE DE TODOS OS GALEGOS.

  132. Alejandro Veiga Rua

    Hola a todos, chamome Alejandro Veiga Rua e levo xa unhs cantos anos fora da casa. Gustariame felicitarvos po-la iniciativa e aproveitar para compartir con todos vos a minha experiencia co uso do galego fora de Galicia.

    A anécdota mais curiosa que tenho e de cando vivín en Londres (no ano 2004).

    Compartía casa cun rapaz italiano que era orixinario da rexión de Benetto, da cal Venecia é capital. Nesa rexión falan unha variante do Italiano que, para a minha sorpresa, comparte moito vocabulario co galego (máis que o Italiano normal co Castelán).

    Facendo uso dunha mezcla entre o castelán, galego e un pouco de Ingles fúmonos entendendo bastante ben o rapaz Italiano e máis eu durante os primeiros meses en Inglaterra, grazas o cal fixosenos moito máis levadeiro os dous.

    Anos despois tiven a oportunidade de visitar o meu amigo en Italia, donde gracias de novo o galego poidenme comunicar sen problema coa sua famila e cos seus companheiros.

    Se o Galego descende do Latín, estou convencido de que os romanos que se asentaron en Galicia eran de Benetto. Na minha viaxe por esa fermosa rexion Italiana puden comprobar de primeira man a cantidade de costumes que as dúas culturas comparten. A que máis me sorprendeu foi a do café con gotas, gotas de grappa, que ven sendo o mesmo que a nosa querida caña/augardente. Alí como en Galicia, destilana na casa e haina de moitas variedades:blanca, tostada, con herbas, con mel e con guindas.

    O día que me fun o pai do meu amigo entrou na habitación cunha botella de tres cuartos na man,desas verdes de toda a vida; cun sonrriso picaro na cara acercouse a min e díxome, “esta é da boa”. Se non fose porque mo dixo en Italiano, xuraría que estaba na casa e que o da botella era meu pai.

  133. Sandra Cespon Busto
  134. Camilo M. Fdez.

    Vivín 17 anos en Madrid, e foi alí onde comecei os meus estudos universitarios na “Facultad de CC. Políticas y Sociología León XIII” vencellada á Universidad de Salamanca. No primeiro curso había un profesor de antropoloxía chamado Calvo Buezas que víña de rematar un estudo sobre a percepción mútua que había entre Lationoamérica e a Península Ibérica. Precisaba alguén que lle fixera as traduccións das entrevistas e cuestionarios de Portugal e Brasil, e preguntou nunha clase de 80 ou 90 alumn*s se había algunha persoa que entendera algo de portugués. Só levantamos a man dúas persoas: unha rapaza da Coruña, máis eu, que son do sur de Pontevedra. Foi o meu primeiro traballo vencellado coa míña carreira relativamente importante e relevante para o meu currículum.

    O “curioso”, foi comprobar anos máis tarde, cando traballei para a empresa Sondaxe asentada na Coruña, realizando enquisas telefónicas á cidade portuguesa de Porto, certo tipo de dificultades que tívo esta empresa para localizar alguén que cumplira co perfil demandado (bastante sinxelo) para este traballo. Creo que as veces as árbores impídennos ver o bosque, estou totalmente convencido de que cada galeg* é un/unha lusofalante en potencia sen nengún tipo de esforzo, só hai que sair do “armario dos prexuízos”. TI TAMÉN PODES.

  135. Ana Mª Iglesias Otero

    O galego é útil para comunicarte en calquer parte do mundo con un galego. Para non deixar morrer unha lingua transmitida de pais a fillos durante séculos. Para que os nosos fillos teñen un idioma de seu. Para sentirnos galegos. Para facer País dende dentro e non ter que andar a emigrar como xa fixeron nosos avós, pais, tíos…
    Para entendernos cos nosos veciños portugueses. Para comunicarnos cos descendentes dos nosos emigrantes a calquera parte do mundo. Para ler a Saramago na súa lingua. Para quitarnos este autoodio que levamos as costas dende que a algún se lle ocurriu que como estamos en España temos que falar español.
    Serve para amar, ler, soñar, escribir, comunicarnos, chorar, discutir, lembrar, aloumiñar, arrolar, cantar, recitar…
    Serve para vivir o día a día na nosa lingua.

  136. Briaxis Fernández Méndez

    E como non vai ser útil! Érame útil cando vivía na Coruña e segue a selo agora que vivo e estudo en Múnic. E non só porque me permitise ler literatura portuguesa antes de aprender o portugués nin polo moito que me presta o infinitivo conxugado. O galego, sobre todo, ensinoume a valorar outras linguas e a me identificar cos seus falantes, e libroume do ensimismamento de quen viven pechados no seu idioma mentres agardan que o aprendan os demais.

  137. Xesús Alvaro Arceo Beiroa

    Pois claro que sí. Non permitamos que a nosa lingua dure só 100 anos máis. Aínda estamos a tempo de salvala.

  138. Xaime Lugilde. As súas labouras.

    Non concibo a os galegos sen o galego. Mais utilidade? .
    O que me parece inútil e a miseria moral e política de quenes defenden o contrario.

  139. Elena Sanchez Paradela
  140. Perfecto Ramos
  141. Daniel Romero
  142. Xosé Cabido Pérez, ( Profesor de Filosofía)

    O galegó é e con iso basta polo que non precisa de ningúnha caracterización para a súa defensa. Agora ben, se teño que argumentar sobre a súa utilidade teño que lembrar as conversas coa miña avoa ( feliz persoa monolingue) e a miña nai ( case monolingue). Ademais como raioto lembro que o entendemento cos do outro lado da raia (contrabando) facilitou a mantenza de milleiros de persoas e iso si que foi útil. E só de nós depende que sega a ser útil ao igual que á poesía e o pan.

  143. María Luisa Varela Nogueiras

    Son galega polo tanto o galego é a miña lingua.Utilízoo sempre no meu país, éme util.Adoito viaxar a Portugal e alí sempre me expresei en galego.Ademáis o meu coñecemento de galego permíteme ler na súa lingua orixinal a Jorge Amado,Nélida Piñón,Miguel Torga,José Saramago…

  144. Javier Díaz López

    Non estiven fora de Galicia máis que de viaxe de lecer, máis nalgúns sitios da Nosa Terra parece que o galego é un segunda idioma, casi una opción ó mesmo nivel que os idiomas estranxeiros. Os galiciabilingüeiros argumentan que o que hai que aprender é o inglés xa que é moito máis útil, coma se o importante nesta vida e na nosa cultura fose o rendemento que poidamos extraer dos nosos coñecemos e da nosa identidade mesma. A que ninguén proporía deixar de estudar os escritores, pintores, arquitectos, etc clásicos, e centrármonos somentes nas novas tendencias do deseño porque nos ha valer de máis?
    Un saúdo.

  145. Jorge Brito Rodrigues
  146. li>Lorena Leiro, estudante

    son un estudante de galego na cidade de vigo galiza estou total mente de acordo co manifesto, alédome que no internet esintan manifestos como estes, unha aperta Buenaventura.

  147. Tincho

    Boas tardes,
    O meu nome é Martín Varela Allegue e son de Pontedeume, na Coruña.
    Gustaríame darvos as gracias por poñer voz a este ” berro ” que colgades na rede e aportar o meu comentario, pero ante todo parabéns e gracias.

    Restrinxir o uso da lingua, sexa a que sexa, é ir en contra de culturizar a xente. Unha língua non agrede, o que agreden ou impoñen son as persoas, non as línguas, e o que xa é ridículo e que pode agredir o Galego en Galicia.

    Un exemplo moi clariño, para os cidadáns do territorio español un dos principais problemas é o terrorismo independentista do País Vasco, e fixádevos que curiosidade, e a comunidade con idioma propio cooficial con menos falantes, e dicir fálase mais galego e catalán que vasco, pero logo asocian o galego cos estremismos.

    RESPETO, é o único que pido para o galego, RESPETO, por unha lingua que forma parte dunha das culturas mais arraigadas da historia de Europa.
    Un saúdo para toda a emigración galega.

  148. Ricardo Orxeira

    Serve para dar aloumiños, ter sentidiño, andar con xeito , estar morriñento e sentir carraxe. Nada disto podería ser noutra lingua.

  149. Xosé Manuel Gómez, Palas de Rei (Lugo)
  150. David Rivera Arman
  151. Milagres Chapela Iglesias ( Gondomar )

    ¿ e o que fardamos ao pór no noso currículo, …… “idiomas: galego, nível alto, falado e escrito “. De momento, aquí e no resto do mundo, casi ninguén o esquece, xa que son moitas as veces que resulta imprescindible para ocupar certos postos de traballo, xa o sabemos ….. mais suficiencia mais probabilidades. Mágoa que aínda haxa xente empeñada en negar o dereito aos nosos descendentes a aprender a falalo e escribilo correctamente.

  152. Alberte Momán Nova
  153. Lola Estévez Álvarez
  154. Francisco Álvarez Álvarez

    Meus caros amigos:
    En Nova York, tamen vivimos galegos que pensamos coma vos.Creo que tinamos que xuntarnos todolos galegos que vivimos na diaspora pra defender a dignidade galega.
    Unha aperta.
    Lola & Koki

  155. Victorino Pérez Prieto, profesor de universidade e escritor

    Son profesor de universidade e escritor. Algúns dos meus libros que sairon primeiro en galego publicáronse logo en castelán. Aínda que nacin en León, son galegofalante desde hai máis de trinta anos; falar e escribir en galego non me “restou” nada a poder facelo en castelán e aprender o francés e o inglés. Non restou, senón que sumou. Por iso, coido que compre reivindicar xa que, contrariamente ao que opinan moitos castelanfalantes e / ou escribintes que se negan a facelo en galego, en Galiza os verdeiros ignorantes son os que só falan e escriben en castelán, pois teñen… unha lingua menos.

  156. Xosé M. Eyré, crítico literario e escritor

    Quero primeiramente expresar os meus parabéns por esta iniciativa, iniciativa moi necesaria sobre todo nun tempo no cal as ameazas políticas penduran sobre a nosa lingua, ameazas políticas monifateiras pois son a voz da camada máis reaccionaria e intransixente da sociedade galega, camada que se caracteriza tamén por unha hipocrisía hiperbólica que seica nos quere matar dicíndonos que non morremos e que se morremos só é para que a lingua invasora viva sen problemas.

    Curiosamenre, demostrar a utilidade do galego aínda é tarefa pendente a ollos desa mesma camada lobuna e montesa, benvestida, de misa diaria e folgazana. Nesta altura! Cando todo o mundo (perdón, todo o mundo menos eles) sabe que ningunha lingua é mellor que outra, tamén porque ningunha lingus pode substituír a creada por esa comunidade e presentar a mesma efectividade expresiva e conceptual.

    Coñecín, hai uns vinte anos, unha coruñesa anglófila que nunca dera unha palabra en galego. Na Semana Santa viaxou a Grecia. Eu co español e o inglés móvome por onde quero. Pillouna a hora do xantar e estaba nun porto, sentou na terraza dun establecemento hostaleiro, mais o menú estaba en grego. Esforzouse todo o que puido para facerse entender, mais o camareiro permaneccía impasíbel. Foi pouco antes de que o camareiro lle comunicara que el tamén era galego e que podía pedir en galego.
    Unha anécdota?

  157. ALVARELLOS EDITORA SL
  158. Henrique Alvarellos, Casasdirector de Alvarellos Editora
  159. Xosé Mª Lema Suárez, Catedrático de Xeografía e Historia de secundaria

    Deseo adherirme a ese voso manifesto “O galego é útil”, e felicitarvos por sacalo á luz pública nestes tempos espiñentos. Nunca entendían que profesores/as galegos/as de inglés -caso da presidenta de Galicia Bilingüe- prescindisen de son do galego para a ensinanza desta lingua: o son do noso -x-, a aspiración da nosa gheada, o -n- velar do noso “unha”…

  160. Francisco X. Fernández Naval

    A min o galego permíteme ler literatura en portugués, sexa cal sexa a súa nacionalidade, sen tradución e sen dificultade, e iso é utilidade. Pero ademais ofréceme a nosa literatura, sen tradución; a relación cos meus veciños de Lira, que non sería posible sen a lingua; as conversas coa miña nai e o xeito de falar comigo mesmo, e iso xa non é utilidade, é necesidade, unha sorte, un agasallo da vida.

  161. Xoán Bernárdez Vilar

    Non fai falta ser “morrinhentos” para defender a utilizade da nosa fala. Eu súmome de todo corazón á nova iniciativa.
    Apertas.

  162. Mero Iglesias

    O grupo A Quenlla, todos nós, estamos convosco nese limpo labor de dicir verdade

  163. Xaime Requeixo Souto, avogado, Compostela
  164. Antón Fortes Torres

    Como que non o fose, ¿ou só imos valorar a utilidade?
    Hai tantas cousas inútiles que amo…

  165. Felipe Abalde, Mestre de carreira e operario raso de profesión.

    Como non vai ser util. Aínda que só sexa por escoitar o precioso son que forman os seus fonemas. Dalle ledicia ós oidos e a vida da xente. Senón que llo digan a xente emigrante que está fora e que non ten a oportunidade de escoitalo ó seu arredor.

  166. Xesús Rábade Paredes
  167. Helena Villar Janeiro

    Estimados amigos: Queremos adherirnos ao voso manifesto, tan cheo de sentido común e de explicacións convincentes. Como ensinantes, tiñamos xa esa referencia directa de alumnos que, unha vez en Londres, nos agradeceron telos encamiñado á comunicación coa lusofonía.

    Cunha aperta fraternal na lingua

  168. Xosé M. Pacho

    Eu viaxo con bastante frecuencia polo mundo adiante, e cando tiña 19 anos estiven en Londres de erasmus, e recoñezo que o galego é unha lingua tan util para a comunicación como calquera que poidamos imaxinar.

    O galego é a nosa instalación no mundo, o galego é o noso xeito de ser e de respirar. Probabelmente isto nos achegue a pobos e a linguas, desde a nosa singularidade, dende unha instalación mental onde sabemos que nos axuda a comunicarnos unha actitude aberta, como os holandeses, os irlandeses, os checos…

    O galego é tan útil, como que nos sirve para achegarnos a cultura universal. Desde nós (os argumentos de utilidade estricta, xa os sabemos todos…)

  169. Toño Núñez

    Alí, no medio do inverno, no fondo de Galicia, naquel Vilameixide de camiños enlamados e noites alumadas con luz de farol , cheguei a ser persoa. Os meus ollos puideron ver como corría o Navia cara ó mar. E os meus oídos escoitaron os sons que o nomeaban todo. E, pouco a pouco, os meus beizos empezaron a dicir nai, avoa, pai, avó… leite, lume, lúa… paxaro, xato, xeada… De que estamos a falar? De utilidade? Claro que si, o galego é útil; como non había selo!? Pero, para moitas galegas e galegos é moito máis: é, foi, e segue a selo, a porta de entrada ó coñecemento, é parte do máis íntimo, da nosa esencia… Como ignoralo? Como esquecelo? Temos unha lingua propia. Nin mellor nin peor ca as outras. Pero nós témola. É a nosa. Porque moitas xeracións se afanaron en darlle pulo e deixáronnola con vida. Que clase de galegos seriamos se a deixásemos esmorecer? Como renunciar a tal ben, a tal riqueza? Algún galego renunciaría á sua Terra? Por que moitos renuncian á súa lingua? Reflexión, por favor. Porque, ademais, para os que pensan en clave de utilidade, como non se decatan de que o galego é riqueza?

  170. Calros Solla
  171. Suso de Toro (Xesús Miguel de Toro Santos)
  172. Afonso Becerra de Becerreá, dramaturgo, director teatral e profesor da Escola Superior de Arte Dramática de Galiza.

    Considérome monolingue en galego, aínda que podo falar outras linguas.

    O corpo, a fisicidade, é galego de raíz, na música, no son e na capacidade para achar as expresións máis axeitadas ao inefable.

    Podo falar noutras linguas (o catalán, o castelán, o francés, o inglés) nun intercambio de informacións. Pero para expresarme en profundidade preciso tamén dos ritmos da lingua na que primeiro configurei o mundo, no meu caso, o galego.

    Lamento ter que defender a utilidade da lingua galega, pero en vista de que hai quen a nega, haberá tamén que alce a súa voz para defendedela, e eu fágoo!

  173. Xosé Valverde, GONDOMAR

    Acredito en que non hai chegada sin partida. Na glaciación a humanidade foi quen de aprenderes a abrigárense, soacializárense e xa que logo a falárense. A partires daquel ponto podemos crer que infelizmente foi “Deus” que nos castigou coa “confusión das línguas”, (Torre de Babel, etc.).

    A pergunta é: como a pesares de termos sido educados en Roma e as suas colonias ou barbarie na misma língua non fomos quen de falala igual? Se cadra a resposta é que ou eran moi maos ensinantes ou os educandos moi maos como tales, ou, se cadra é que mesmo o latín non era quen de catalogar lingüísticamente toda canta variadade física se daba nos diferentes territorios dende a Romania até Galiza e Portugal.

    Adiante a LINGUA e abaixo os complexos.

  174. Óscar de Souto, escritor, articulista e poeta galego.

    “Manifesto estar de acordo co Manifesto”.

    Estimados camaradas o texto achegado é pra min un testemuño importante a prol de Galiza e a prol da nosa condición nacional. Pola miña miña parte como humilde pruma a prol de Galiza só podo solicitarlles a miña adhesión a dito manifesto que asino con agarimo nun compartir sentimentos xa sentidios abofé na miña forzosa morada fora destas fronteiras invisíbels e distas terras verdecentes que eu tanto amo.

    Atentamente,

  175. Afonso Vázquez-Monxardín

    O galego é útil de nacemento. Doutro xeito, non tería aparecido na historia.

    O latín apodreceu e aquí naceu o que naceu. Para nos comunicar. Por algo sería. Falar varias linguas é unha inmensa sorte; é como ter lentes de cores para ollar o mundo. Con galego, castelán e inglés podemos ir a calquera sitio. O portugués, irmán medrado e extraviado, segue sendo irmán de sangue, e con el nos entendemos…

    E cando nos atopamos un portugués ou brasileiro polo mundo adiante, topamos xente amiga, xente próxima, á que normalmente lle temos que explicar que existe un lugar no mundo chamado Galicia. O problema entre Galicia e Portugal -e Brasil- non é lingüístico. É de descoñecemento mutuo. Eis a fenda que cómpre atuar.

    A situación lingüística dos galegos de hoxe, pois, é dunha sorte inmensa. Con aprender unha lingua internacional, o inglés, comunicámonos en tres das sete máis grandes do mundo e aínda máis, temos unha lingua de identidade, como os holandeses, luxemburgueses, islandeses, daneses, suecos… unha lingua pequena, nosa e normal.
    Só temos un problema.

    Sempre buscamos a palla no ollo do outro e non vemos o tren cheo de vagóns con trabes que circulan polos nosos ollos, dos predicadores do galego. Logramos asociar galego a conflito ortográfico, a miseria, a problema, a radicalismo, a revindicación permante e non a lecer, vida, goce e así nos vai.
    Pero todo pode mellorar. E farao.

  176. Uxía Casal Silva
  177. Henrique Rabuñal
  178. Xosé Estévez, Profesor da Universidade de Deusto
  179. Charo Canal,xornalista

    Era unha nena de oito anos cando marchamos de Galicia para vivir en Suíza. Aos 16 recuperei o galego, que non se falaba na miña casa, aínda que dende que eu poido lembrar nunca deixou de estar aí, como unha música de fondo. A porta de entrada foron os libros e a literatura. Despois, os amigos de Galicia, os vínculos sentimentais e familiares, o despertar. Para min o Galego era e é Galicia. Así que decidín recuperalo, a pesar de vivir lonxe. Daquela falaba francés e castelán, e estudaba alemán e inglés. Hoxe vivo en Barcelona e dirixo a Oficina de Prensa do Museu Nacional d’Art de Catalunya. Se non tiven problema para aprender o catalán seguramente é grazas ao galego, soio tiven que facer un pequeno esforzo. O galego acompáñame sempre, fáloo sempre que poido, alí onde estea. É útil no meu traballo de xornalista para entender moitas cousas, tan útil como calquera das outras linguas, incluso para poder entrevistar a xente de fala portuguesa. Outro exemplo de utilidade. Colaboro como lectora de obras en galego e iso levou a que me pidan que faga lecturas en portugués. Grazas ao galego, unha lingua que, a pesar de ser eu galega, non me veu dada, que tiven que elixir. Lembro a Amin Maalouf, libanés que escribe en francés, falar sobre as diferentes utilidades que cumpren as linguas para as persoas que teñen varias. Decía Maalouf que hai unha lingua que un elixe, a “lingua do corazón”. Esa é para mín o galego.

    Saúdos e parabéns por esta iniciativa.

  180. Ilda Luaces
  181. Henrique Dacosta, profesor e escritor

    Castelao desde as páxinas do Sempre en Galiza afirmaba aquilo de que aspiremos a que o galego e o portugués se confundan outra vez de maneira natural: ou . Poderiamos aínda tirar máis exemplos, mais abondan con estes dous. As bondades do “portugalego” —rendibilicemos o neoloxismo— son todo proveito, nunca desvantaxes. Ben ao contrario, reafírmanos e confírmanos dentro do noso SER. Pertenecemos, como dicía o noso inmoral Carvalho, si, don Ricardo, ao romance ibérico occidental, logo, ao galego-portugués. Tentemos inocular grandes doses de autoestima, que boa falta nos fan, como mellor maneira de nos chegar a sentir orgullosos de sermos posuidores de tan gloriosa e milenaria lingua. Que de patufos e desleigados, lembrémonos do incisivo Celso Emilio, andamos máis que sobrados. Porque a aprendizaxe e profundamento do portugués, por parte daqueles que estudan galego nos centros de ensino, é apenas un pasiño máis, un simplísimo mecanismo de acomodación ortográfico e léxico asentado sobre unha maquinaria á que de sobra lle coñecemos o funcionamento. Fartos estamos de vivirmos de costas viradas con respecto aos irmáns do outro lado do Miño, ou da raia seca. É preciso que estendamos pontes, tal é o caso, por exemplo, da iniciativa do programa “Ponte nas ondas…!”, xa na súa XVª edición. Que mellor cousa que rapaces e rapazas de Galiza e Portugal se recoñezan e entendan no idioma, e en moito máis. Que mellor cousa que descubrirse intérprete en Lisboa en socorro duns pobres murcianos perdidos que non comprenden as explicacións dun lisboeta. Que fortuna poder botar un cabo a uns pobres portugueses atrapallados no teleférico de Montjuïc logo de tiraren un billete de máis. Que maior fortuna que a de se sentir tamén competente nesoutra lingua extensa…. Acaso é posíbel que sexamos capaces de desprezar tan inmenso caudal como atesouramos? Aí están, meus amigos, algunhas das nosas, por fortuna, pequenas grandezas. Presumamos, xa que logo, de tamén pertencer a esoutra comunidade lingüística, ben cumprida sen dúbida, como é a da lusofonía. E, iso si, sen complexos, pois que é de xustiza.

  182. Yolanda Castaño, escritora, A Coruña.
  183. Eva Lozano

    Levades moita razón. O galego lonxe da terriña axúdanos coa aprendizaxe das outras linguas (no meu caso o catalán) e tamén a comunicarnos cos lusófonos. Por suposto é tamén cultura, unha cultura densa e moi próxima a outras de terras tamén celtas que podemos considerar un chisco irmáns. Que afortunados somos e que lástima que tanta xente siga a pensar que o galego sobra, quitándolle aos pequenos a oportunidade que tivemos nós de ter esta gran sorte. Que pobreza de sentimentos e de intelecto, canto dano están a facer…

  184. Alejandro Tobar Salazar, escritor e residente en Copenhague

    Unha testemuña breviña:
    O galego serviume durante dous anos en Marsella para solventar dúbidas do francés. O galego sírveme hoxe, en Dinamarca, para me comunicar cos compañeiros brasileiros e portugueses, e mesmo cos daneses que se manexan en portugués. E para rematar co portugués, o galego permíteme botar man dos andeis da Biblioteca pública da sección portuguesa. Aínda non topei, por certo, con españois deambulando por alí, topei no entanto con outro galego coma min na procura de Eça de Queirós. Disque non son o único que tira proveito da utilidade do galego no centro de Copenhague.

    Un saúdo,
    Alejandro

  185. Javier Arnau

    Tratando de sarlle unha visión materialista, que é a que empregan os que están en contra do galego, voulles ir ao peto aos empresarios e aos traballadores que queren traballar en Galiza (sí escribo Galiza porque xa así o facía Castelao no seu libro “sempre en Galiza”, e non porque sexa unha imposición, xa que tanto recurren a Castelao certos políticos nos seus discursos).

    Como dicía, se eu son empresario ou técnico que quere traballar na industria en Galiza, cómo me comunicarei millor cós empregados?

    Nos estaleiros galegos, na construcción, no sector conserveiro, … poñan a ourella e escoiten en qué fala habitualmente a xente. Entón, non sería recomendable que os que veñen de fora entendan o galego para que non sexan 200 empregados os que teñan que cambiar de idioma?

    Por outro lado, e que acaso todos os nenos que estudan en Galiza van a ir a traballar fora ou a unha multinacional? Non será máis certo que o 70% quedará traballando na nosa terra e que terá que entenderse cós traballadores que falan habitualmente en galego, ou con portugueses que temos ao outro lado da fronteira?

    E xa ven que non entrei en que o galego/portugués/brasileiro é o sexto idioma máis falado, moi por encima por ejemplo do tan glorificado no seu día idioma francés.

    Papas e mamás que non queren o galego. Estou seguro de que se en lugar das matemáticas, o que se dese en galego fose a plástica ninguén tería protestado.

    Outra cuestión máis; cando nun pobo ou municipio de Galiza o 90% dos nenos queran estudar en galego, qué pasará cos 3,4 nenos que só queiran castelán?

    Virán entón a dicir que as minorías deben ser atendidas?

  186. Sergio Villamor

    O Galego é util.
    Cómo non.
    Cómo iba facer senón, para entender e que me entendan na maior parte de Galicia, en todo Portugal, No Brasil, en Mozambique e algunha colonia máis que polo nundo adiante deixaron os Portugueses.
    O Galego é útil. Claro qué é útil. O que non é útil é discutilo

  187. Francisco Souto Barreiro

    Ola, son PACO SOUTO de Malpica. Nunca tiven experiencia de traballar fóra da Galiza.
    Pero lembro como se fora hoxe aquel congreso de 2000 que trouxo a Compostela artistas, pensadores, escritores, cineastas, teatreiros, xentes todas da cultura dos paises de expresión galegoportuguesa(?) e o doado, natural mesmo, que foi falar e escoitar e xentes da África, América, Ásia…
    Mesmo inútil, seguería a dicelo en GALEGO.

  188. Antón Fernández Escuredo, Redactor Xefe, Xornal A Peneira

    A lingua galega é a miña ferramenta de traballo. Grazas a ela tiven a posibilidade de vir a Galiza despois de pasar moitos anos en Barcelona. Non foi doada a primeira convivencia cos que a agreden no propio país coa excusa da “liberdade”. Por sorte descubrira que hai moitos outros que a defenden. Algúns de xeito anónimo, outros de maneira pública. Velaí o futuro. Depende nós.

  189. Xoán Martínez, técnico en acuicultura e biólogo mariño

    Pois a min pareceume curioso unha cousa que me aconteceu estando en Montpellier. Estiven alí xunto cun amigo facendo un curso de francés, e na nosa clase había dous xaponeses, unha holandesa, unha colombiana, e unha brasileira. Cos xaponeses e a rapaza holandesa facíamonos entender chapurreando o noso inglés do instituto; coa colombiana obviamente falábamos en castelán, e coa brasileira en galego. Pero o que me chamou a atención foi que, mentras nós entendíamos perfectamente tanto á colombiana coma á brasileira, entre elas falaban en inglés porque non se entendían.

    Algo que para nós, os galegos, é tan “natural” (entender o castelán e o portugués -gracias ó galego-), para un “non galego” non é tan doado.

  190. Xosé Tuñas Montero, luthier

    Tanto en Alemania, como en Irlanda, como en Francia, o español non me serviu de nada. Sen embargo en Italia o galego foime moi útil, xa que ten moitas semellanzas co italiano.

  191. Alfonso Álvarez Cáccamo
  192. Fernando Foxo Flores, Portas
  193. Dolores García Docobo, enfermeira
  194. Ramón Casas Oroza, mestre
  195. Francisco José Gutiérrez Sas, estudiante

    Estudei toda a miña vida en galego e son galegofalante, e agora estou a rematar a carreira na Universidade Complutense de Madrid e non tiven nunca ningún problema. Ademais as miñas notas non se viron mermadas en ningún momento polo idioma.
    Por tanto, os que afirman que estudar en galego impide aos nenos triunfar en estudos fora de Galiza están totalmente enganados, ou mais correcto sería dicir que nos están a enganar intencionadamente.

    Ademais puden facer amizade con compañeiros erasmus de Portugal, que recibían con sorpresa que lles falase no seu idioma. Por outro lado en Madrid é común atoparse con emigrantes brasileiros, e sei por experiencia que sempre agradecen que intentes falarlle no seu idioma, cousa a que obviamente non está moi acostumados.
    Por tanto, a miña experiencia dime que o galego tamén é moi útil incluso en Madrid. Así que agardo que a nova Xunta dea marcha atrás na súa intención de derogar o decreto de normalización do noso idioma.
    Parabéns pola iniciativa, estou plenamente de acordo co manifesto.

  196. Mercedes Álvarez, profesora

    O galego serviume para sentirme orgullosa de termos una lingua propia, facer amigos e vivir en Galicia. En Portugal sempre me sentín como na miña casa e permitiume ler autores portugueses e brasileiros, escoitar música,….. Por suposto, sempre se ten máis facilidades para aprender outros idiomas, o italiano aseméllase máis ao galego que ao castelán e para calquera idioma o feito de falar dúas linguas ten vantaxes.

    Unha aperta a todos os galegos.

  197. Belén Martín Franco
  198. Clara Ogando Penela, profesora de galego
  199. Henrique Harguindey Banet

    É certo que saber galego facilita moito a aprendizaxe das linguas románicas. É certo que os fonemas do galego permiten adquirir fonemas semellantes doutras linguas. É certo que o galego nos comunica cos centos de millóns de persoas da Lusofonía. Todo iso é moi certo, mais o verdadeiramente importante é que falarmos galego, é dicir utilizármolo conscientemente, fainos persoas con autoestima, elévanos á categoria de seres que se sinten plenamente iguais aos outros: nin mellores nin peores, simplemente iguais. En deberes e en dereitos. Se cadra é iso o que algúns tratan de evitar: que o galegofalante tradicional, que falou sempre a súa lingua interiorizándoa como “de segunda”, ouse falar “de ti a ti”, sen complexos, aos “poderosos” de sempre.
    Aprendendo a nos respectarmos a nós, aprendemos a respectarmos os outros. E iso é o verdadeiramente importante na vida. Sermos fraternais con toda a Humanidade. A este obxectivo deben subordinarse todas as utilidades e vantaxes.
    Entre o borboriño destas palabras e as asisadas falas de tanta xente que aquí falou vai xurdindo do fondo de min, cal na néboa, unha soterrada lembranza.
    Xaneiro de 1969. Na noite glacial de Le Havre na que me atopaba entalado e aboiado -sen morada e sen poder voltar a París- o deambular polo porto fíxome bater con dous mociños portugueses que, aínda na escuridade, íanse incorporar ao seu traballo. Un café con eles quentou o meu corazón. Non foi unha simple cuestión de poderme comunicar pois eu falaba ben francés. O agarimo da lingua compartida foi unha manciña quente no medio da friaxe e da soedade, unha muxica que iluminou a tebra.
    A lingua. Aloumiño.

  200. Victor Hugo Lopez Borges, Senior Sculpture Conservator, Victoria & Albert Museum

    Eu falo galego case diariamente no traballo a pesar de traballar nun dos grandes museos londinenses. Unha das minas companeiras de equipo e metade portuguesa metade francesa e cando temos oportunidade lareamos en galego como algo ben natural.

    No traballo e na vida diaria o meu uso do galego e ben util coa cantidade de lusofalantes nas illas britanicas!!

    Fascinate e aprender as semellanzas do galego con outras linguas,.. como se di gorxa en frances??, e poalla como traduciria en italiano??..as respostas vos sorprenderian. Muito me axudou para aprender frances…

    Eu dende logo non deixo de ler en galego….
    E un privilexio ser Bilingue dende o berce..e non unha vergona como foi no pasado!!!

  201. Ramón Iñiguez
  202. Carlos Rodríguez Osorio, Doutor en Bioloxía da Universidade de Santiago

    Por suposto que o galego é tremendamente útil fóra das nosas fronteiras. Non hai máis que ver as experiencias persoais aquí relatadas. Eu tamén estiven estudando e traballando en moitos países, e grazas ao galego sentinme moito máis cercano con persoas do Brasil, Portugal e Italia. Pero o realmente importante é que o galego é a lingua na que Galicia se sinte de verdade. É a lingua que debuxa, pinta e describe á nosa terra. É esa lingua que nos arrinca sensibilidade por sí mesma, a lingua na que cada palabra tén unha conexión directa ó corazón e ó sentimento. Porque as maragotas son maragotas, e as carballeiras son carballeiras. Porque un año non son 12 meses, senón unha ovelliña pequerrechiña. E os nosos vellos cando eran nenos facían asubíos quitándolle o sámago a unha póla de ameneiro. E os galegos choramos no colo da nosa nai, e debullamos o millo, e Galicia é a única terra na que o pan se pon reseso. A paisaxe galega está escrita en galego, porque un Regueiro non é un arroyo. Arroyos hainos por outros sitios, pero en Galicia hai regueiros, regos e regatos. Porque sí, porque quero seguir dicindo castiñeiro e nogueira, e silveira e vimbio, e rañar as pernas entre os toxos, as uces e as carqueixas. Porque en Galicia os piñeiros enchen o chan de frouma e arume e pirlo e picaño. Sen o galego, non se pode coñecer Galicia, e quen non a coñece non a pode amar. Amando o galego todo é positivo. Amando o galego faremos do mundo un lugar mellor.

  203. Daniel Hermida Merino

    Escibolles pra asinar o seu manifesto amais de achegar o meus parabens pola sua idea.
    Ademais de ferramenta util pra a comunicacion con companheiros de fala portuguesa o galego abreme posibilidades laborais tendo en conta que en Inglaterra a miudo presisan de persoas multilingues.
    Saudos cordiais

  204. Pedro, director comercial

    Na miña condición de director comercial de Jim Sports Technology, S.L. , empresa de venda de artigos deportivos tanto no estado como no extranxeiro (dende a Arxentina a Letonia) e que curiosamente é galega, ó igual que o resto dos asinantes, teño que dicir que benefícieme do Galego non so para comezar e mellorar as relación da empresa cos nosos clientes de Portugal; senón que o seu coñecemento tamén me facilitou a aprendizaxe do Catalá, o Valenciá e o Francés, idiomas nos que (nuns máis que noutros) cando menos, consigo defenderme a nivel coloquial.

    Non quero rematar sen salientar que amáis desto, o coñecemento do galego dende o berce facilita a compresión dunha parte importante da poboación que vive en Galicia e coa que (como teño comprobado moitas veces), é imposible obter un total entendemento cando se fala en Castelán.

  205. Raúl Gómez Pato, profesor de latín e grego, tradutor e escritor

    Son Raúl Gómez Pato, profesor de latín e grego, tradutor e escritor, e estou completamente de acordo co manifesto. A maiores, a lingua, o patrimonio cultural, ou a propia cultura non se miden en termos de utilidade práctica como se se tratase dun martelo ou dunha ferramente calquera, senón que o seu propio valor, é por si mesmo, incuantificábel.

    Unha aperta.

  206. Manuela García Freire
  207. Loís Bello Fernández de Sanmamed, Biólogo Molecular

    Antes de nada, dicir que nun país normal, tolerante e respetuoso, sería impensable ter que chegar a unha iniciativa como esta para buscar, xustificar e apoiar unha LINGUA, a nosa lingua, a nosa cultura, a nosa historia. Dito isto, felicidades e gracias pola iniciativa porque coma dixen antes, nun país tolerante e respetuoso non sería lóxico, no noso é necesario.

    Chámome Loís Bello Fernández de Sanmamed, son Biólogo Molecular e levo caseque 5 anos vivindo e traballando en Stirling, Escocia. Non teño ningunha dúbida de que o bilingüismo no que nos educamos os Galegos axudoume a aprender e interiorizalo Inglés máis sinxelamente e tamén ca pronunciación de certos sonidos e palabras. Na miña estancia aquí en Escocia traballei, convivín, tiven e teño amigos e compañeiros Italianos e Portugueses cos que me comuniquei a cotío en Galego, de feito o meu amigo Italiano (de Taranto, no Sur) díxome que me entendía mellor en Galego que en Castelán.

    Unha das características máis valoradas no meu currículum vitae á hora de atopar traballo no meu sector (Ciencia e Biotecnoloxía) en empresas maioritariamente internacionais foi a capacidade de falar ou entender catro idiomas, Galego, Castelán, Portugués e Inglés. O Galego facilitoume pois atopar traballo e integrarme nun país estranxeiro.

    O Galego é tan útil coma calqueira outra lingua en Galicia e en calqueira parte do mundo, a capacidade de aprender e falar varias linguas dende pequeno educa o teu cerebro para asimilar e interiorizar outras, pero sobre todo, O GALEGO É NOSO!

    E xa que estamos por buscarlle a utilidade a todo nesta vida, vou ser pragmático e poñelo meu grao de area con estos dous enlaces de dous prestixiosas publicacións sobre os beneficios do bilingüismo, pero o de verdade, o que ensina e respeta tódalas linguas posibles como instrumento de coñemento e de cultura.

    http://www.economist.com/science/displaystory.cfm?story_id=13489730

    http://www.pnas.org/content/106/16/6556.abstract

    Saudos a tódolos Galegos.

    Abur.

  208. Aurora Marco, Profesora da Universidade de Santiago e escritora
  209. Alberte Álvarez Gil, estudante.

    Ola a todos. Dá gusto atopar estas testemuñas, que me devolven parte das esperanzas que perdera nos últimos tempos. Eu aínda son novo, e aínda non saín moito polo mundo adiante, pero todas e cada unha das veces que crucei o pano de Grelos o galego foime de extrema utilidade. E na propia Galiza, a metade das brincadeiras cos amigos sen o galego non terían sentido. Non atoparíamos gracioso unha camisola que puxera Falo galego, coa imaxe dun suxerente percebe. En Madrid, onde actualmente estudo, o galego tenme servido para orientar a un brasileiro no metro (ninguén lle entendía o que quería dicir), e cando me preguntou ficou abraiado (supoño que pensaría que era portugués, aínda que lle dixen que eu era de Galiza, mais non coñecía a nosa terra). Como vivo a practicamente 15 minutos de Portugal, cando vou a Valença podo entenderme perfectamente, e na miña casa recibo o sinal das televisións portuguesas, polo que aprendo portugués e inglés (alí empregan máis que aquí a v.o.s.). Cando fun a Malta a facer un curso de inglés na nosa clase había unha brasileira e a miña comunicación con ela foi en galego e entendeume todo canto lle dixen.

    Pero fóra disto, e aínda que non tivera ningunha utilidade económica, o galego é a nosa lingua, herdámola dos nosos devanceiros, e só por iso merece o máximo agarimo cara a ela. Seriamos sen o galego uns ninguén, unhas cantas galiñas desprumadas, como dicía o poeta.

    Temos que ser didactas e facer ver á xente que o bilingüísmo que tanto se pregoa é un bilingüismo no que unha parte só sabe castelán e a outra galego, e por pura inercia tamén o castelán (co dano sociolóxico que iso conleva). Temos que avantar cara o cuatrilingüismo, cando menos no ensino: galego (lingua vehicular), inglés, castelán e portugués. Estou seguro que máis cedo que tarde conseguirémolo. Unha aperta.

  210. Xacobe Martínez Antelo, músico e politólogo.
  211. Dolores Garabana, bióloga

    Son bióloga e traballo en pesca. Teño que asistir a grupos de traballo con colegas de diversos paises europeos. Utilizo o galego en lugar do inglés cos portugueses, xa que me permite unha comunicación moito máis fluida.

  212. Marcos Seixo

    O meu idioma éme útil, entre outros motivos, pois só nel son quen de comprenderme a min mesmo, de entenderme conmigo mesmo e de albiscar quen son eu no mundo

  213. Xoán Neira
  214. Xavier Poza Carballal
  215. Xose Sainz Pena, intérprete

    Quen foi o lorcho a quen se lle ocorreu preguntarse acerca da utilidade dunha lingua? Acaso existen linguas que non sirvan para comunicar entre persoas? Que precisen de xestos para completar unha mensaxe para a que as palabras desa lingua non abondan? Que non sexan a expresión oral particular das ideas contidas nun cerebro? O que se pon estas dúbidas será quer un ignorante, quer un galafate con moi más intencións.

    Cando alguén se pregunta pola utilidade dunha lingua, neste caso do galego, refírese a dúas cousas: unha, se un pode pasar toda a súa vida sen aprender galego; dúas, se aprendelo paga a pena.

    Se ben o coñecemento non é esencial para a vida física, quen rexeitar a aprendizaxe de calquera cousa, perderá o acceso á comprensión dunha parte da realidade, e por tanto condénase á ignorancia, á pasividade, e moitas veces á rabia. Non será esencial para a vida física, mais éo para a vida psíquica e social. Quen se quixer furtar oportunidades a si mesmo (por motivos políticos, por exemplo), alá el, mais que despois acepte as consecuencias da súa acción, e que non tente que a sociedade toda comparta os seus erros.

    Por tanto, aprender sempre será positivo. Mais renden os esforzos por aprender esta lingua? Quen tiver dúbidas sobre se paga a pena aprender o galego, pode ler as case duascentas contribucións que precederon á miña. Eu pola miña banda, podo contar a miña experiencia. Se hoxe traballo como intérprete a partir de oito linguas, débese ao galego. Foi grazas ao galego polo que empecei a me interesar pola lingüística, polo desenvolvemento dos idiomas, polas súas semellanzas e diferenzas, en suma, pola aprendizaxe. Iso foi o inicio da inquedanza polos fenómenos lingüísticos, que despois me levaron á profesión que exerzo hoxe, abofé que con moito satisfacción. E isto por non falar do goce das horas de conversa en galego, das amizades que me procurou e das lecturas nesta lingua, que se dá o caso de ser a miña.

    Pais de hoxe que tan inquedos estades co futuro dos vosos fillos! Que credes que son coma máquinas de facer chourizos, onde se introducimos uns ingredientes determinados, obteremos o resultado programado! O cerebro humano é moito máis complexo ca todo iso, e nunca se pode adiviñar onde se atopar os alicerces do estímulo! Non vos furtedes oportunidades por motivo duns preconceptos interesados!

  216. María Prieto, Xornalista.

    O galego é a miña lingua materna e vivindo fóra deime de conta canto botaba de menos falalo… Serviume para comunicarme con alemáns que falaban portugués, para entender outras línguas latinas, para falar con italianos e para comprender o portugués cando vin a vivir a Brasil. Falo 5 linguas e gustaríame falar moitas máis, por iso me da pena ver xente maniféstandose porque aos seus fillos se lles ensine en galego e a outras queixándose de que en Galicia se fale castelán. Sobra capacidade para aprender e tamén sobran prexuízos e radicalismos.

  217. Aida Ariño Fernández, Copenhague
  218. Xose Manuel Vazquez Carreira
  219. Gloria D’antona

    Eu emigrei p/ Brasil com 9 anos e grazas ao galego que ouvia falar em casa ajudoume muito na hora de ir p/ a escola aqui [,embora tenha sido alfabetizada em castelhano.]
    Para meus filhos também e´ muito útil cando vam a Galicia, para comunicarse com os familiares, pois os sons fonéticos asemelhanse ao portugues

    Portanto, o GALEGO deve ser respeitado como um idioma e´necessario batalhar por isso

  220. Manoel María Valcárcel Rodríguez, xeólogo e estudante de doutorado na Universitat de Barcelona
  221. Patricia Fernández Calvo, Investigadora en bioloxía molecular de prantas.

    Estando en Alemaña de estadía científica coincidín cun rapaz estadounidense. Comezamos falando inglés pero, posto que el vivira uns anos en Brasil e sabía falar brasileiro (portugués), e eu falaba galego decidimos comunicanos nunha curiosa mestura na que nos entendiamos perfectamente. Aquí vai unha mostra máis de que falar galego é util.

  222. Natalia Margalejo Concheiro (profesora de Inglés)

    O galego serviume para facilitarme a apredizaxe doutras linguas como o Inglés e Francés por unha fonética e léxico semellante, e deume flexibilidade mental para adaptar a miña mente a diferentes rexistros. Sentín emoción ao comprobar as coincidencias topónimicas con outros países célticos e as nosas afinidades atlánticas.

    Lin sen a penas problemas a Coelho e outros autores portugueses e brasileiros. E sobre todo aprendín a amar o galego cando traballaba en USA e sentíame afortunada ao ver os profesores españois tiñamos unha lingua, pero eu tiña outra lingua máis, foi unha fachenda e privilexo posuir unha lingua a un nível máis profundo.

  223. Manuel Rivas, escritor

    Moi boa iniciativa. Máis verdade que un pan de centeo. Pasei estas experiencias aló onde andei e as lingua galega formaba parte da felicidade da expresión.

  224. Patricia Veiga Crespo

    Porque é noso.

  225. Alejandro Pardo Besteiro
  226. Albina Lorenzo Lorenzon

    A miña primeira lingua foi o galego; ó comezar a miña etapa escolar pasei a ser bilingüe, coma outros moitos nenos e nenas da miña época: o galego na casa e no barrio e o castelán na escola. Estou plenamente convencida de que o ter falado galego dende sempre me facilitou a aprendizaxe doutras linguas e fíxome aberta a tentar entenderme e comprender a outros falantes. O galego facilítanos ós falantes desta lingua a pronunciación de fonemas propios do inglés e o francés, por exemplo, que nos son comúns pero que non están presentes no castelán (é unha ventaxa que temos fronte ós castelan-falantes) Hoxendía falo inglés con soltura e francés, teño amigos italianos cos que me comunico nunha mestura de galego e italiano sen problema e, participo dende hai anos nunha experiencia interescolar “Ponte…nas ondas!” na que traballamos en conxunto escolas galegas e portuguesas usando ámbalas linguas nas actividades e nas reunións. Nunca tivemos ningún problema de comunicación para levar esta experiencia adiante… e xa vai pola edición número dezaseis!
    Como se pode dicir que o galego non é útil fóra daquí?

  227. Mar Alonso Virulegio

    O galego é o meu idioma, o meu xeito de comunicación cos meus, ca xente do meu entorno. Falar galego dignificame como persoa, identificame co meu pobo, ca miña paisaxe. Fagome respetar falando galego e fago respetar outras linguas. En Galiza sempre en galego.

  228. Cristina Salgado Ferreiro

    Vivin durante 12 anos en Alemania, traballei en un consultorio privado de ginecologia, ” E de que o idioma GALEGO e util, dimo amin” tiñamos unha carteira de pacientes portugueses de generacions antiguas que non sabian falar o aleman e viñan onde nos porque eu lles podia traducir do aleman o galego os diagnosticos que elles non entendian.

Etiquetas: , , ,